A actuación do equipo español na Eurocopa está a ser unha lección de integración, compañeirismo, xenerosidade e equipo
España precisa dun poder xudicial acorde cunha democracia avanzada. Tamén de medios de información e opinión libres, independentes e críticos, non daqueles que contribúen diariamente a enfangar
Unha Constitución que, en contra do que afirman os dirixentes políticos do Partido Popular, e non poucos comentaristas, deixa moi claro que non ten que ser proposto/a como candidato/a á Presidencia do Goberno o/a da lista máis votada. A súa quenda, señor Feijóo: respecte a Constitución Española e as normas máis elementais da democracia española.
Aínda que non podemos esperar que estes partidos de extrema dereita (#PP/VOX) e os seus seguidores (políticos, xuíces, medios de comunicación...) abandonen a súa estratexia de acoso e derrocamento do "sanchismo" (pode o escorpión abandonar os seus instintos?) , estas eleccións demostraron tanto que "os mortos que matas gozan de boa saúde" como que nos pobos de España hai (somos) moitos máis cidadáns que queren (queremos) seguir adiante que os que nos queren facer retroceder.
A compañía asegurou que Echevarría "impulsará o posicionamento e a área de negocio nunha rexión de profundo arraigamento e relevancia estratéxica para o grupo"
Teriamos que darlle a volta á tortilla, non nos debe valer “o que aguante co negocio seguirá, e o que non pechará”, debemos pór aos nosos dirixentes entre o eixo e a roda, para obrigalos a saír da súa zona de confort, obrigándoos a innovar, e que se apoien nos miles de asesores, que púen parte das nosas arcas públicas, para que exerzan de desatoadores da pésima situación na que nos meteron. Podemos reflectir a realidade de todo isto en noticias como “empresas en Galicia exponse pechar polo prezo da enerxía”, talvez máis preocupante sexa mesmo o non saber que prezos se pagarán nos próximos meses, ou os datos recibidos polo FMI, que pide a España un axuste de até 6.500 millóns de euros o próximo ano 2023 para aliviar as presións inflacionistas.
Aos políticos éncheselles a boca de falar do transparentes que son na súa xestión, da ética que empregan e non se cantas cousas máis.
Bastaron un simple cambio de cromos (por que diso se trata: Feijoo por Casado) eunha vitoria electoral folgada nunhas eleccións autonómicas (Andalucia) para que adepresión se convertera en euforia. Unha euforia que leva a que tanto os dirixentes políticos do partido en cuestión (PP) como os seus altofalantes -aos que se lles gratifica xenerosamente- den por seguro que aquel gañará as vindeiras eleccións xerais e así recuperará un poder -o goberno de España- que ademais de "pertencerlle por dereito divino" lle foi arrebatado de xeito ilexítimo -"moción de censura"-. Pero apartemos o fume, silenciemos os tambores e analicemos con sosego o escenario político que se nos presenta por diante.
Os libros guía das asignaturas e a bibliografía recomendada evita moitas horas perdidas na Universidade presencial, na que había que tomar apontamentos sobre definicións básicas que aparecían en calquer texto con rigor. A UNED é unha oportunidade para todos os que queiran combinar o traballo e os estudos universitarios.
Cando unha persoa dedícase a Función Pública (que evidentemente o fai por propia vontade), debe ter responsabilidades.
Un retroceso nas esquerdas que hai que atribuír tanto a súa endémica división, como ao seu perfil clásico que se en o PSOE non produce sorpresa si confirma que Unidas Podemos perdeu definitivamente a frescura e a novidade que tiña Podemos nas súas orixes (2014) para converterse mais nunha Esquerda Unida clásica que non entusiasma nin convence entre outras razóns por que, como lle sucede ao PSOE, mantén comportamentos de vella garda.As eleccións lexislativas francesas tamén confirman unha vitoria das forzas conservadoras e totalitarias (63% dos votos e 70% dos deputados) pero cun un notable descenso das forzas conservadoras (Ensemble!) e un auxe sen precedentes das totalitarias (RN) o que supón unha importante diferenza con relación a Andalucía.
Por iso debemos felicitar ás Tanxugueiras para que sigan adiante cunha carreira musical moi próspera, e expresarlle as grazas por darlle a España a oportunidade de integrar as linguas minoritarias en Europa.
Unha parte primordial desa autonomía é o dereito para coñecer os detalles de todo proceso ao que debamos ser sometidos, de maneira que podamos adoptar nosas propias decisións.
Actitudes para as que se amparan no citado artigo 56.3 da Constitución española que recoñece a inviolabilidade da monarquía e que, parece, facilita que ao día de hoxe aínda non exista unha acusación penal en contra.Que a máis alta instancia do estado español estea envolta en tales escándalos de corrupción pero que se manteñen impunes é, como ben critican os e as dirixentes de UP, "unha grave anomalía democrática e un descrédito das institucións".
Cando nos enfrontamos a un perigo non inminente, a ausencia de preocupación é quizá a proba máis significativa de que somos produtos da evolución darwinista
Pablo Iglesias (EP)Dicía o escritor de ficción Brock Thoene que “sempre é máis difícil que che deixen atrás que ser o que se vai”.
Independentemente da etapa de vida na que che atopes, existe unha clave principal para conseguir unha vida de calidade. Trátase de algo tan sinxelo como é a alimentación.
Moi probablemente que a inmensa maioría dos galegos e galegas, do mesmo xeito que o conxunto dos europeos e dos cidadáns do mundo, esteamos a desexar que co Ano Novo 2021 deixemos atrás a pandemia da COVID-19
En contra do que comunmente se pensa, o duelo non se presenta unicamente coa morte dun ser querido. O duelo é un proceso de adaptación a unha nova situación vital, normalmente marcada por un feito concreto, que supuxo un cambio moi drástico con respecto á situación previa, un cambio negativo ou prexudicial para nós física, emocionalmente ou ambas.
En vacacións o xornalismo faise, se cabe, un pouco máis complicado. A pesar de que este é un servizo 24 horas, é certo que no verán ás veces hai que perseguir a noticia en moitas ocasións.