O fenómeno Tanxugueiras

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Cada ano que hai unha convocatoria do Festival de Eurovisión compositores e grupos musicais póñense ao choio para introducirse nun ámbito pseudomusical, pero moi mediático. A música europea case nada ten que ver co festival. Hoxe todo vén acompañado dun despregamento de luces e efectos especiais que deixan a canción nun rango moi inferior. A produción musical ten pouca importancia ante un espectáculo de impacto que as persoas e os países demanda.

             

Por outra banda, chama a atención que as linguas de cada país sexan noticia pola súa ausencia. Parece que se non hai frases en inglés, xa non vai triunfar a canción, ou o grupo, ou que se eu o que realmente triunfa? Os tempos nos que Israel gañaba cantando en hebreo xa son historia. Pero, con todo, o grupo galego das Tanxugueiras apostou pola nosa lingua. Foi un acerto para que o galego floreza en Europa, e por iso mesmo non foi elixida. Xa na primeira eliminatoria o xurado non as quixo e o público emendoulle a plana. O que non sabían moitos é que o obxectivo xa estaba cumprido. Nas redes sociais as Tanxugueiras xa son un fenómeno imparable, pola súa cantiga ‘Terra’, na que incluíron sen complexos a lingua galega, uns excelentes arranxos musicais, unha coreografía impactante e uns efectos escenográficos que non eclipsan o grupo.

               

As Tanxugueiras sufriron un trato discriminatorio por parte do xurado do Benidorm Fest, pero a realidade é que Europa non merece un grupo con tanto arte como as nosas galegas. Para o festival de Eurovisión han ir “chikilicuatres” para que rían de todos eles. Lembren vostedes que este curioso e simpático representante de España, hai 14 anos, quedou na posición 16 con 55 puntos e cando actuou Remedios Amaya, déronlle 0 puntos. A andaluza deixara no escenario unha arte que non entenderon os europeos e o mesmo pasaría coas nosas Tanxugueiras co seu tema galego.

               

Por iso debemos felicitar ás Tanxugueiras para que sigan adiante cunha carreira musical moi próspera, e expresarlle as grazas por darlle a España a oportunidade de integrar as linguas minoritarias en Europa. Foi unha boa iniciativa para a súa promoción e tamén para nosa ‘Terra’.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE