Unha Nova Etapa de Desenvolvemento: A UNED

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

A pesares de que as siglas da UNED correspondan á Universidade Nacional de Educación a Distancia, ben poderían responder ao título proposto para este artigo. E non vou falar da miña experiencia na Faculdade de Ciencias nesta Universidade, pero pretendo animar a todos aqueles que aínda teñan dúbidas de entrar na vida universitaria.

 

Para o alumnado que estudou na UNED, falar desta Universidade supón un reto importante, pois foi unha nova etapa de desenvolvemento persoal. Descubrir que nunca é tarde para aprender e que o poden facer a distancia, nun tempo de lecer, é algo que merece a pena experimentar. 

 

A UNED ten moitas cualidades intrínsecas que poucas veces se poñen en valor. A súa filosofía de aprender a aprender, a investigar e a interpretar a basta información á que temos acceso, é unha constante en todos os grados ofertados a traves das Faculdades que posúe. Por outra parte a UNED é disciplina de traballo e esforzo persoal. 

 

A súa dinámica e simple e complexa ao mesmo tempo; pero en calquera caso, atende ás necesidades do alumno. As titorías de apoio son un soporte fundamental para avanzar no estudo, e a cercanía que existe co alumnado fai que o proceso de aprendizaxe sexá óptimo. Por outra parte, a titulación da UNED ten un valor engadido en si mesma, dado o alto grado de esixencia que hai nas etapas de avaliación. 

 

Esta Universidade logrou que os exámenes sexan un recurso máis para aprender, integrando antigos exámenes nas unidades didácticas e nos cadernos de autoavaliación.

 

Finalmente non podemos esquecer o traballo dos Centros Asociados, que son punto de encontro entre estudantes. Os libros guía das asignaturas e a bibliografía recomendada evita moitas horas perdidas na Universidade presencial, na que había que tomar apontamentos sobre definicións básicas que aparecían en calquer texto con rigor. 

 

A UNED é unha oportunidade para todos os que queiran combinar o traballo e os estudos universitarios. Quizáis sexa hoxe, a única opción que existe de facer as dúas cousas ao mesmo tempo, e a mellor decisión que calquera poida tomar. Porque nunca acabaremos de aprender, se queremos disfrutar dunha vida que está chea de incógnitas, aínda por descifrar.

 

A UNED está chea de persoas sen complexos que, con valentía, se achegan á vida Universitaria. Ti tamén podes ser un deles!

 

Archivo - UNED
Archivo - UNED

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE