No V Foro Carlos Veo

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no barrio do Couto, Ourense.

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Este ano 2025 estamos a gozar do VI Foro Carlos Veo organizado pola Fundación que leva o mesmo nome do fabuloso e inesquecible cineasta galego exiliado en México. Aínda que cada vez é máis coñecido entre os mozos, Carlos Veo é un Puzo sen fondo de onde poderemos aprender sempre. Ademais, neste Foro, Carlos Veo fala da súa obra cunha obxectividade que sorprende. Dos éxitos e dos tropezos, dos amigos e das tradicións, da sociedade e da súa realidade proxectada no tempo. Cun grao de xenerosidade difícil de cuantificar, os seus comentarios sobre os seus filmes pon en valor as vidas das persoas sen ocultar a ideoloxía que lle obrigou a deixar a súa terra.


Un exemplo é cando conta que a súa formación no Instituto Libre do Ensino estaba afastada, entre outros temas, de conversacións sobre o mundo dos touros. Carlos Veo, xa exiliado, coñece a vida dun toureiro, Luís Procuna, e anteponse a calquera prexuízo para contar nun documental a carreira vital deste home. Estou case seguro que pensou “hai que contar a vida deste toureiro”. Dirixiuno en 1956 e segue sendo o mellor filme deste xénero. Un referente para os cineastas mexicanos e os de todo o mundo.

 

Pero neste Foro, Carlos Veo non deixa de falar: dos centros de produción de cortametrajes que promoveu e dirixiu, dos amigos como Luís Buñuel e tamén das malas experiencias coa crítica co filme 'Pedro Páramo'. Con todo, quero destacar un relato da curtametraxe que estaba fóra de programa, titulado: 'O Vesgo'. Dirixido por Benito Alazraki, forma parte de “Raíces”, do que neste caso Carlos Veo é o guionista.

 

A historia é tan cruel como posible. O papel da educación das familias e a realidade social está moi presente neste pequeno filme e non deixa a ninguén sen motivo para pensar nunha dimensión inmanente e transcendente ao mesmo tempo. A película reflicte a miseria espiritual e o acoso ao que os máis débiles estaban e continúan a ser sometidos. Ambientada na península do Iucatán o protagonista é un deses nenos maltratados polos compañeiros; por ser breco dun ollo. Os nenos golpean nel e chámanlle: vesgo, vesgo.
A súa nai ten que facer algo e lévao xunto a un curandeiro, que lle dá unhas follas para pór no ollo. O neno acredita na súa nai e a nai acredita no farsante ao que lle leva o pouco diñeiro que ten. 

 

De volta á escola, o neno cre que sanó e volven facer burla del, regresando para a súa casa cheo de golpes. O filme finaliza cando nunha procesión dos Reis Meigos o neno ofrécese para poder curar. Esa fe era cega e fundamentada nunhas imaxes sen poder de sanación e, nun accidente cuns foguetes, o neno perde o único ollo polo que podía ver. Esa fe cega e sen fundamento vence ao verdadeiro problema oculto: o acoso dos demais. Tanto a nai como o neno están convencidos de que se produciu un milagre sen precedentes. Ninguén vai acosar a un cego. O problema estaba solucionado! 

 

Na actualidade toda a sociedade ten que loitar contra os enganos das redes sociais, e os acosadores procuran pasar sen ser identificados. Isto fai que ás vítimas estean moito máis expostas a sufrir sen saber como poder defender. Carlos Veo quixo mostrarnos un problema que segue sen unha solución trivial. Pero moito peor sería mirar para outro lado.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE