As Olimpíadas Evanxélicas: novos retos

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

As 'Olimpíadas Evanxélicas en Galicia' son xa un clásico na cidade da Coruña e sempre conta cunha gran participación de igrexas da Comunidade Autónoma. 


Son ao redor dun catorce congregaciones: “Igrexa Unida de Vigo”, “Boas Noticias de Lugo”, “Igrexa Boas Noticias de Ferrol”, “Mosaico, Igrexa da Coruña”, “O Camiño-Asemblea de Irmáns A Coruña”, “Igrexa Evanxélica de Marín”, “A Oliveira – Igrexa Evanxélica”, “Centro Cristián Auga Viva”, “Asembleas de Deus da Coruña”, “Corpo de Cristo – A Coruña  ”, “Igrexa de Lugo-Promesas”, “Igrexa de Irmáns de Riveira”, “Igrexa Evanxélica de Ares” e “Asembleas de Deus. Arteixo” que se achegan á Coruña nun amplo despregamento de medios e medidas de seguridade. As actividades teñen unha marcada tache cristiá, que non está en contra do festivo. Nesta edición teñen como mascota á ardilla Chipi que fará a súa presentación no desfile inicial; unha delicia para os participantes e espectadores. 


No Estadio Universitario Elviña da Coruña, participan en salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de peso, maratón e carreiras de varios tipos. Para iso os atletas de cada igrexa adestran varios fins antes das olimpíadas. Por outra banda, os nenos, nenas e adolescentes reciben asesoramento dos seus pais e dos responsables de cada igrexa, para decidir as probas en que van competir. As relacións que establecen nestes adestramentos, xunto coa viaxe no autobús e o día das olimpíadas potencian nos participantes unha mentalidade de competir con deportividade. As testemuñas dos máis novos dan conta de que non compiten por pasar o tempo, senón para fomentar a convivencia entre eles e mostrar a todos que Deus é os máis importante nas súas vidas.

 
As Olimpíadas Evanxélicas comezaron en Galicia no ano 1999 (cun parón de dous anos pola pandemia), e despois de 23 anos correndo cun obxectivo concreto, cada ano aparecen novos retos. Mentres o obxectivo é dar a coñecer a Jesús e a súa palabra de vida, no horizonte está o próximo ano, no que a Igrexa de Coruña cumpre 150 anos na cidade. Este feito está moi presente entre os participantes, ao ser eles, as xeracións futuras, as que continuarán o labor de difusión da mensaxe de Jesús e as súas consecuencias. Entre elas están todos os achegues que os evanxélicos, ou protestantes, fixeron á sociedade do momento. Desde a inauguración da primeira igrexa en 1875 na Praza de Pontevedra (A Coruña), trasladada en 1915 á rúa Panadeiras (no corazón do barrio do Papagaio) e fronte á imprenta NÓS de Anxel Casal, até a actualidade, que desde 1984 está situada na rúa Curros Enríquez co nome de 'O Camiño'.

 
A igrexa evanxélica de 'O Camiño' ten unha chea de actividades orientadas a mostrar a necesidade que as persoas teñen de coñecer a Biblia e de aceitar a mensaxe do Evanxeo. Para iso ten programados varios concertos na cidade, cine, conferencias e varias exposicións moi impactantes e que supoñen unha recuperación histórica do seu traballo. 
 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE