A Coruña

O Deportivo da Coruña non cambiará só de nome: rumores de que Nike vestirá aos branquiazuis

O Dépor poría fin a varios anos de relación con Kappa para vestir a firma americana a partir do curso 26/27.

O concerto de 'El Último de la Fila' múdase do Estadio de Riazor ao Monte do Gozo e móntase a lea

A data será o 13 de xuño, como estaba previsto, pero cambia a súa localización. Moitos asistentes quéixanse deste cambio, aínda que a organización ofrece facilidades para o reembolso das entradas.

Quedouse o loteiro coa Bonoloto? Empeza na Coruña o xuízo máis mediático do ano

O loteiro coruñés Manuel Reija e o seu irmán Miguel, que entón exercía como delegado provincial de Lotarías e Apostas do Estado, sentan no banco dos acusados. A Fiscalía pide para ambos os seis anos de prisión, acusando ao primeiro de estafa ou apropiación indebida e ao segundo de branqueo de capitais ou encubrimento.

 

Avia Veira (BNG da Coruña): "A Coruña merece un goberno que traballe en equipo, algo que lle faltou a Inés Rey"

Avia Veira (A Coruña, 1986) leva máis dunha década na política municipal coruñesa. Chegou a María Pita en 2012 e viu desmoronarse ao BNG durante o goberno de Xulio Ferreiro, sendo a única edila dos nacionalistas, para agora remontar o voo e postularse como alcaldable nas eleccións municipais de 2027. Coa mirada posta na xente e nos barrios, Veira toma o testemuño de Jorquera e analiza nesta conversa con Galiciapress a crise da vivenda na cidade, os problemas na mobilidade ou a falta de transparencia nun proxecto de cidade que acabou converténdose nunha pataca quente, como foi a candidatura para ser sede do Mundial 2030.

The Rapants ante o seu concerto máis multitudinario: "Iamos ao Multiusoso a ver Mark Knopfler e agora enchémolo"

O pistoletazo de saída aos directos de 'Rapants Club', o cuarto álbum de estudo de The Rapants, terá lugar o vindeiro sábado 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar, onde case non quedan localidades despois de ampliar o aforamento. A banda de Muros recibe a Galiciapress antes desta gran estrea para falar do seu novo disco, do seu percorrido ao longo dos anos e da responsabilidade de devolver todo o agarimo recibido polo seu público. 

CIG rexeita o desmentido de CCOO e asegura que acompañou ás traballadoras despedidas de Meiga Limpezas

O sindicato CIG pronunciouse tras as acusacións que lanzou Comisións Obreiras sobre a súa actuación no caso das traballadoras despedidas en Meiga Limpezas da Coruña, respondendo punto por punto á denuncia que CCOO presentou onte ao redor dos despedimentos que afectaron a cinco empregadas da compañía de limpeza.

 

Caballero chama a que sexa Balaídos a que remplace a Riazor: "Gañamos a pesar das trampas, non porque se retiren"

O alcalde vigués insiste en que a cidade ten que ser sede no Mundial de 2030.

'Rapants Club' xa está na rúa e nas pistas de baile

The Rapants lanza o seu novo e esperado álbum esperando un cheo no Multiusos Fontes do Sar.

O transporte da Coruña retomará a folga indefinida o mércores tras o rexeitamento maioritario ao preacordo

Os traballadores denuncian a perda de dereitos e a falta de avances reais nun convenio que leva máis de catro anos sen renovar.

 

Se non hai acordo, o mércores retomarase a folga indefinida de transporte na Coruña

Todo iso despois de que o pasado mércores o persoal do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña acordase mostrar o seu rexeitamento, de maneira maioritaria, ao preacordo subscrito coa patronal

Aprazada a folga indefinida de autobuses na Coruña

O inicio da folga indefinida de autobuses na provincia da Coruña aprazouse até o martes tras a reunión entre sindicatos (#CIG, UXT e CCOO) e patronal. Este luns, 2 de febreiro, seguirán as negociacións entre ambas as partes.

Batalla na Coruña entre o taxi e as VTC : realmente son máis baratas?

O pasado 13 de xaneiro os taxistas da Coruña esixían ao Concello a súa intervención ante o que ven como competencia desleal por parte das empresas VTC, sobre todo Uber, Cabify e a última en incorporar, Bolt. Os taxistas denuncian que estas VTCs están a realizar traxectos urbanos cando en realidade, o seu ámbito de traballo debería ser exclusivamente interurbano. Moitos aluden aos prezos entre un sector e outro do transporte pero: cal é máis barato? Como actúan as VTC e como desembarcaron na Coruña?

Sindicatos do transporte acusan á patronal da Coruña de "inmobilismo" e á Xunta de "pasividade"

 #CIG, UXT e CCOO decidiron solicitar unha mediación no Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos laborais (AGA) co oubjetivo de "desbloquear" o conflito do transporte na provincia da Coruña, que o venres alcanzou a súa sétima xornada de folga.A través dun comunicado, o responsable de Transportes da FGAMT-#CIG, Ernesto López, asegurou que con esta acción rexistrada na tarde do venres pretenden coñecer "as intencións reais da patronal".Deste xeito, afeou a actitude tomada polo conxunto empresarial, que tacha de "inmobilismo férreo" e describe como "comportamento anómalo" ao non abrir aínda ningunha vía de contacto: "Ante un conflito desta dureza o lóxico é falar para tentar solucionalo, pero non temos sequera aberta unha mesa de negociación nin ningún tipo de contacto".Da mesma forma, acusou á Xunta de Galicia de permanecer "desaparecida" e de "non importarlle" as condicións do traballo do persoal e a situación dos usuarios de autobús que non poden acceder ao servizo por motivo de folga.Doutra banda, o representante da CIG reiterou a "vontade de diálogo" da parte social para avanzar nun novo acordo que tome en consideración as peticións dos traballadores. 

Rubén de la Barrera pásase ao inimigo: o ex do Dépor, favorito ao banco do Racing de Ferrol

O cadro da cidade departamental vén de cesar ao seu técnico e pensa no herculino para tomar as rendas do club.

Adxudicadas as obras para instalar o valado perimetral do Castro de Elviña na Coruña

O valado do recinto é o primeiro paso para dar continuidade ao proxecto impulsado polo Goberno de Inés Rey, co obxectivo de "pór en valor o xacemento máis relevante da cidade"

Falece unha muller atropelada na Rolda de Outeiro da Coruña

Tal e como informou o 112 Galicia, recibiron un par de avisos de particulares que foron testemuños do atropelo

Deteñen un home por presunta agresión sexual a unha menor na Coruña

 En base ao relato policial, a agresión ocorreu supostamente no interior dun ascensor, tras o que a vítima conseguiu fuxir

Temor a recortes no novo convenio do téxtil: "Domingos e festivos deixarán de ser voluntarios"

Galiciapress contacta con Sheila Canzobre, responsable de sector de Comercio e Grandes Almacéns de UXT na Coruña, e coa patronal ARTE, para coñecer as súas posturas ao redor da negociación do convenio que se está celebrando en Madrid e as reivindicacións das dependentas da provincia da Coruña, que solicitan que o novo acordo non supoña unha ameaza aos dereitos cristalizados nos convenios territoriais. 

Nova edición de 'A Radio Conta' na Coruña a beneficio de Accem

A décimo terceira edición do programa reúne a oito emisoras locais da Coruña e emitirase, de 17.00 a 20.00 horas, desde a Fundación Barrié, con entrada libre.
 

Falece a muller acoitelada presuntamente polo seu compañeiro de piso na Coruña

Segundo confirmaron fontes próximas á investigación, o acusado supostamente feriu cunha arma branca á agora falecida, unha compañeira do piso que compartían con outra persoa


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE