O Caudal Fest ficha a Veintiuno, Carlos Ares e Nunatak para a última festa do verán

O festival lucense anuncia a repartición por días dos artistas, con Lori Meyers e Xoel López para abrir boca e Siloé e Ultraligera como colofón. 


|

WhatsApp Image 2026 05 04 at 13.38.47 (1)
Veintiuno, Carlos Ares e Nunatak

 

Aínda non empezou o verán, pero algúns xa teñen a cabeza posta no seguinte. É todo culpa do Caudal Fest, que afai deixar o mellor para o final na última gran festa do verán en Galicia, convocada como cada ano nos xardíns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, onde se darán cita algunhas das mellores bandas do país os días 18 e 19 de setembro para pór punto e final á estación máis caluorosa e musical do ano. Por iso, desde a organización queren deixar todo atado e ben atado antes de que nos poñamos os bañadores e regresemos á piscina, todos co Caudal Fest en mente. 

 

 

GRANDES FICHAXES

O último gran anuncio do festival lucense é toda unha declaración de intencións ao fichar a Veintiuno, Carlos Ares e Nunatak. As súas confirmacións reforzan o carácter ecléctico do Caudal Fest, pois no caso de Veintiuno falamos dunha das bandas máis demandadas polo gran público amante ao indie nacional. 

 

Carlos Ares, pola súa banda, é un dos nomes de moda na escena nacional. O galego foi recoñecido este ano nos premios MIN nas categorías ao Álbum do Ano, Mellor Directo e o Premio Mellor Álbum de Pop por 'A boca do lobo', o que deixa ás claras o momento ducle que vive o coruñés. Dos cartagineses de Nunatak basta lembrar que levan máis dunha década pondo patas para arriba todo escenario polo que pasan, coa promesa de facer o propio en Lugo o próximo mes de setembro.

 

Carlos Ares cos seus Premios MIN

 

REPARTICIÓN POR DÍAS

O tres coincidirán o sábado 19 de setembro. Esa é a outra gran sorpresa do Caudal Fest, que hoxe deu a coñecer tamén a repartición por días ademais de pechar o cartel co que proxecta seguir rompendo as marcas de asistencia que vén superando edición tras edición. 

 

 

Así, para a súa estrea o venres 18 de setembro os pratos fortes serán Lori Meyers e Xoel López, ben flanqueados por clásicos como Pignoise, formacións de moda como Sanguijuelas do Guadiana, produtos locais como Ortiga ou propostas en liña ascendente como as de Barry B, Anni B Sweet, Besmaya ou Non Quero. 

 

Unnamed (94)
Unnamed (94)

 

A traca final do 19 de setembro estará comandada por Siloé e Ultraligera, dous dos grupos que veñen pegando moi forte en todo o territorio nacional, ademais do tres últimos fichaxes citadas anteriormente. Triunfos seguros como os da A Love You ou Sexy Zebras completan unha data marcada polo regreso de Leire Martínez á cidade amurallada e os directos de Tere! e Inazio.

 

PARTE DO "PRESENTE E FUTURO DE LUGO"

Para a cidade, a consolidación do Caudal Fest como unha referencia no calendario festivalero resulta unha das mellores noticias a nivel cultural: “O que comezou como unha aposta firme do Concello de Lugo é hoxe un proxecto colectivo que crece ano tras ano e que sitúa á cidade no mapa dos grandes festivais do país. Ese é o verdadeiro valor do Caudal Fest: transformar unha idea ambiciosa nun símbolo de orgullo colectivo e nun impulso real para o presente e o futuro de Lugo”.

 

“Cada nova edición confirma que investir en cultura é investir en cidade, xerando actividade económica, impulsando a hostalaría, o comercio e o turismo, creando emprego e convertendo a Lugo nun foco de atracción para miles de persoas que descobren aquí unha cidade aberta, viva e con enorme potencial”, engadiu Miguel Fernández, alcalde de Lugo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE