O exvocalista de Izal subirase de novo a un escenario en Barcelona e regresará a Galicia en setembro, o único festival que visitará este verán na comunidade.
Que estás a buscar? Cal é o teu estilo? Que grupo é o que fai que a electricidade percorra o teu corpo? Seguro que este verán está en Galicia, porque as opcións son moitas e moi variadas.
O Caudal Fest reunirá no Xardín do Pazo de Feiras e Congresos a algúns dos artistas máis reclamados do panorama nacional e internacional no último dos grandes festivais do estío en Galicia.Apurando ata a última semana, os organizadores do Caudal Fest publicaron onte nas súas redes sociais os horarios dos concertos dos días 16, 17 e 18 de setembro, unha edición que arrinca o xoves coa actuación de David Prado ás 19:20 horas nunha xornada onde tamén estarán Iván Ferreiro e Love of Lesbian.Xa o venres será a quenda de Toundra ás 18:10, ao que precederán Shinova, Sen Senra e A M.Ou.D.A. Xa o sábado, Kutxi Romero iniciará o último día do festival ás 18 horas, para logo dar paso a Ladilla Rusa, Bad Gyal e Nathy Peluso, que poñerá o punto e final a esta nova edición. Todas as xornadas rematarán ás 00:30 horas.