O Caudal Fest de Lugo pon á venda as súas entradas o día 21 e confirma a Carolina Durante, Marea, Xoel López, Beret e Holywater

Izal, Marea, Xoel López, Beret e Holywater son algúns dos artistas confirmados para a segunda edición do festival Caudal Fest, que terá lugar os días 20 e 21 de setembro en Lugo.

|

Tras o éxito da primeira edición o ano pasado, o festival que terá lugar os días 20 e 21 de setembro en Lugo, desvela os primeiros nomes do cartel


As entradas sairán á venda o martes 21 de maio cunha oferta de lanzamento limitada de 1.000 entradas a 29 euros. O ano pasado, na súa estrea, este festival recibiu a máis de 22.000 asistentes, segundo os datos da organización, que presentou o cartel este mércores.


Caudal


Como novidade, en 2019 serán dous días completos de festival, o que ampliará a oferta musical para todos os asistentes. Terá como cabezas de cartel aos madrileños Izal e aos navarros Marea, que regresan tras máis de seis anos sen actividade cun novo disco e unha xira que os levará por gran parte de España. Ambos darán actuacións de longa duración.

HOLYWATER XOGARÁN EN CASA

Un dos estandartes da música galega, Xoel López, e tamén un dos regresos "máis esperados da música lucense", Holywater, tamén estarán no segundo Caudal Fest.

Haberá lugar para a música máis actual coa actuación do exitoso Beret e con un dos grupos revelación de 2018, Carolina Durante. A "festa", segundo resalta a organización, chegará da man do Adhesivo mentres que a achega máis urbana virá do rapero ToteKing. 


Holywater
Holywater


Los Bengala, Agoraphobia, Bocanada,e Galician Army serán outras das actuacións que formarán parte da programación do Caudal Fest 2019, de modo que a programación mesturará o indie, o rock, o pop, o rap e a electrónica.

As entradas do festival estarán á venda o vindeiro martes 21 de maio ás 11,00 horas. Ademais, a zona de descanso para acampar á beira do festival tamén estará dispoñible ese mesmo día para reservar.

O Caudal Fest reivindícase ao "poñer a Lugo no mapa dos festivais nacionais cun dos carteis máis atractivos do norte de España" e tamén como "unha das últimas oportunidades para despedirse do verán, na mellor contorna posible como é o de Lugo e o do río Miño ao seu paso pola cidade".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE