A crise da vivenda vai máis aló das grandes cidades cunha protesta o 7 de abril en Vilagarcía de Arousa

A protesta terá lugar ás 12 horas ante o consistorio arousán.


|

Protestas vivienda alquiler
Protestas vivenda aluguer

 

O pasado sábado celebrouse en Vilagarcía de Arousa un encontro aberto á cidadanía para participar no debate sobre o acceso á vivenda en Galicia. A Plataforma Galega Vivenda Xa organizou o encontro na Sala de Conferencías do Auditorio arousán para pór en común as causas e posibles solucións a esta crise. Froito desta cita, terá lugar unha manifestación despois de Semana Santa na localidade, evidenciando que a crise da vivenda vai moito máis alá das grandes urbes.

 

PROTESTA

A protesta terá lugar ante o Concello de Vilagarcía o vindeiro martes 7 de abril ás 12 horas, data na que tamén levará ao consistorio arousán unha moción sobre a vivenda a fin de achegar ao goberno local as medidas para paliar este probela de primeira orde na comunidade galega.

 

Vilagarcu00eda 7 Abril

 

A crise vai desde o encarecemento dos prezos de aluguer e compra até a preocupante falta de vivendas públicas en Galicia, á cola neste sentido no conxunto do Estado, pasando por outras urxencias como a proliferación das vivendas de uso turístico, a gran cantidade de vivendas buxán ou as trabas existentes para que colectivos, como os mozos, poidan ter acceso á vivenda. 

 

Todo iso nun momento de cada vez maior incerteza económica e encarecemento dos prezos, produto do conflito en Irán. Desde a plataforma reprochan ao Concello de Vilagarcía o seu inacción nesta materia, considerando que non se adoptaron medidas "para, polo menos, controlar os pisos turísticos", beneficiando á "presión sobre os alugueres tradicionais e tratando a vivenda como unha mercadoría de luxo". 

 

"Regular o prezo do aluguer, crear vivenda pública, mobilizar vivenda buxán e moitas outras medidas serían apropiadas para poder garantir o dereito a un teito", reivindican desde a organización, que salienta que a vivenda é "un dereito" e anima aos veciños a participar na protesta do día 7.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE