A campaña 'Galicia sabe amar' viaxará a 200 municipios de toda España vinculados co Camiño de Santiago

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou este martes a importancia de desenvolver iniciativas para difundir os beneficios nutricionais dos produtos do mar, polo que puxo de exemplo a campaña 'Galicia sabe amar', que o Goberno galego levará a 200 municipios españois relacionados co Camiño de Santiago.


|

A campaña fará escala en 200 localidades relacionadas coa ruta Xacobea, para por en valor os beneficios nutrcionales dos produtos galegos do mar, tan cobizados nestas datas.

 

"Buscamos que os consumidores sexan conscientes da importancia da elección de cada alimento para a saúde", destaca a conselleira Rosa Quintana. 

 

Rosa Quintana en el encuentro de este martes en Vigo.
Foto: EP

 

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou este martes a importancia de desenvolver iniciativas para difundir os beneficios nutricionais dos produtos do mar, polo que puxo de exemplo a campaña 'Galicia sabe amar', que o Goberno galego levará a 200 municipios españois relacionados co Camiño de Santiago.

Tal como indicou Quintana, esta iniciativa pretende promover o consumo e a venda de peixe e marisco e destacar o traballo dos profesionais do mar que contribúen á subministración de alimentos de calidade á cidadanía.

Así o sinalou a titular de Mar na inauguración do encontro científico-empresarial Beneficios Nutricionais do Consumo de Peixe para a Saúde Pública, organizado pola Universidade de Vigo (UVigo). Alí tamén explicou que ademais se organizarán diversos foros temáticos baixo o título A Cociña do Mar, que percorrerán as grandes cidades galegas e abordarán temas como a sustentabilidade, a formación e a investigación e a saúde.

"Buscamos que os consumidores sexan conscientes da importancia da elección de cada alimento para a saúde", reivindicou Rosa Quintana, segundo recolle a Xunta nun comunicado. Nesta liña, expuxo que o foro deste martes permitirá profundar nas necesidades da cidadanía e a contribuír a configurar unha dieta idónea para a saúde.

A conselleira tamén aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo do grupo de Investigacións Agroambientais e Alimentarias da UVigo na organización deste encontro, así como das organizacións de produtores de pesca e entidades colaboradoras. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE