Sánchez comparecerá ante o Congreso despois de que declare Zapatero polo 'Caso Plus ultra'
Sánchez chegará ao Congreso despois de que o expresidente José Luís Rodríguez Zapatero preste declaración ante o xuíz José Luís Calama.
Ao expresidente do Goberno impútanlle dous delitos de organización criminal e tráfico de influencias. O proceso juidicial ao que se enfronta sacudiu non só ao PSOE, senón a todo o Goberno de España e aos seus socios de investidura.
O presidente do Goberno comparecerá no Pleno do Congreso dos Deputados para dar explicacións das conclusións que teñan lugar na próxima reunión do Consello Europeo e sobre "a situación política relacionada coas últimas investigacións xudiciais coñecidas".
Escribe o teu comentario