Conmoción e tristeza no CHUS pola morte do neumólogo compostelán Juan Suárez, clave na pandemia
O santiagués era tamén investigador no grupo de Pneumoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.
Só as mostras de agarimo igualan a profunda tristeza que deixou a morte do neumólogo Juan Suárez no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde o persoal sanitario trata de sobrepor á perda dun dos seus especialistas máis queridos.
DOR NA SANIDADE GALEGA
A figura de Suárez será lembrada para sempre polo papel que desempeñou o neumólogo durante a pandemia, nun esforzo coral por parte de todo o persoal do hospital compostelán, onde hoxe se compartía a triste noticia entre unha profunda conmoción.
Tamén con moito pesar recibiron a súa morte no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), onde o falecido, de 56 anos, era tamén investigador no grupo de Pneumoloxía
A capela do Complexo Apóstolo acollerá este venres, ás 17:15 horas, unha misa polo falecemento de Suárez, que será incinerado.
Escribe o teu comentario