O alcalde socialista de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez, dimite

O alcalde de Vilamartín de Valdeorras (Ourense), Enrique Álvarez Barreiro, anunciou este xoves no pleno municipal a súa intención de renunciar ao cargo tras máis dunha década como rexedor desta localidade.


|

Archivo - Imagen de archivo del alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro (centro de la imagen)
 


Álvarez Barreiro explicou que, por "motivos de índole estritamente persoal", presenta a súa renuncia "voluntaria e formar" como alcalde deste municipio.

O rexedor trasladou o seu "máis sincero agradecemento" aos veciños e veciñas, á corporación municipal e a todo o persoal do concello polo apoio e o traballo conxunto ao longo da súa etapa á fronte do Consistorio.

Visiblemente emocionado, recoñeceu que é un momento "difícil" para el, que lle "custa" tras 15 anos dedicados ao Concello. "Pero a familia neste momento requíreme", afirmou.

Enrique Álvarez Barreiro (Folgoso do Courel, 1964), encabezou en 2011 a candidatura do PSdeG á alcaldía de Vilamartín de Valdeorras e foi elixido alcalde como candidato da lista máis votada, a primeira vez na democracia que o PSOE alcazaba o bastón de mando nesta localidade.

O 21 de xaneiro de 2013 perdeu a alcaldía que tras unha moción de censura impulsada pola súa predecesora no cargo, María Jesusa Candal, candidata do PPdeG. Con todo, nas municipais de 2015 volveu presentarse e logrou a primeira das súas tres maiorías absolutas --volvería alcanzala en 2019 e 2023--.

Fontes consultadas por Europa Press trasladaron que a tenente de alcalde e deputada provincial, Sherezade Núñez, asumirá previsiblemente a alcaldía.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE