Pesar no sindicalismo galego pola morte de Antolín Alcántara, histórico das loitas do metal e o naval
O sindicalista da CIG faleceu na madrugada do xoves.
Un gran baleiro queda este xoves no sindicalismo galego. Un histórico da Confederación Intersindical Galega (#CIG) como Antolín Alcántara Álvarez, á fronte de constantes loitas pola mellora das condicións dos traballadores do metal e o naval galego, morreu esta madrugada, para gran pesar dos seus compañeiros de fatigas, que o despedirán este venres ás 12:30 horas no tanatorio de Pereiró en Vigo.
LOITA OBREIRA
Alcántara, natural de Moaña, foi durante anos un dos rostros máis reconocibles das pelexas do metal e o naval galego, especialmente a fianles da década dos 2000. Militante sindical desde moi novo, cando comezou a traballar no sector da automoción, pronto se destacou como unha das figuras destacadas do sindicalismo nacionalista galego.
O seu defensa da clase traballadora, da xustiza social e da "liberación nacional e social de Galicia" son parte do legado que deixa xunto con moitas conquistas para miles de operarios de sectores que defendeu contra vento e marea, sendo designado secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral en 2005 na candidatura de Suso Seixo.
"Unha voz clara e valente na denuncia das reformas laborais, das políticas antisociais e da perda de dereitos da clase traballadora. Pero, por encima de todo, Antolín foi un compañeiro profundamente humano, solidario e comprometido con todas as causas xustas", destacan desde a CIG, onde tamén resultan as súas "fortes conviccións" e a súa "honestidade", mesmo "nos momentos máis difíciles".
OBRA
Antolín Alcántara publicou o ano pasado libro 'En memoria dá nosa infancia', no que reconstrúe a dureza dos anos da súa infancia e mocidade, e reivindica valores como a solidariedade, o apoio mutuo ou a conciencia colectiva.
"Coa morte de Antolín Alcántara desaparece un compañeiro imprescindible para entender a historia recente da CIG e das loitas obreiras e nacionalistas de Galicia. Pero o seu exemplo de coherencia e compromiso quedará para sempre na memoria colectiva do sindicalistamo nacionalista galego e de todas as persoas que compartiron con el a defensa dunha sociedade sen explotación, máis xusta e plenamente libre", subliñan desde a Confederación Intersindical Galega.
Escribe o teu comentario