Tres evacuados, un deles en helicóptero, tras un fatal accidente entre dous camións e un coche en Melide
Os feitos ocorreron esta mañá na localidade coruñesa. Un helicóptero trasladou ao ferido de maior consideración.
Melide viviu unha axitada mañá de xoves co constanteir e vir de bombeiros, ambulancias e helicópteros. Un accidente entre dous camións e un turismo foi a causa deste constante tráfico por terra e aire, que deixou como resultado ademais de importantes danos materiais a tres feridos de diversa consideración.
SUCESO
Os feitos tiveron lugar esta mañá na N-547, cerc do quilómetro 47 da estrada. No siniesto víronse implicados un camión que transportaba gas, outro que levaba penso na súa carga e un turismo que tamén saíu malparado.
A consecuencia do choque resultaron feridas tres persoas, das cales unha delas, ocupante dun dos camións e que necesitou de ser excarcerada do interior da cabina, tivo que ser trasladada en helicópetro a un centro hospitalario. Os outros dous afectados foron tamén atendidos e levados en ambulancia para a súa exploración.
No operativo participaron membros do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros de Arzúa, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Melide. A esta hora a circulación xa está restablecida no punto do sinistro.
Escribe o teu comentario