CHUS

Fátima Nercellas: "O SERGAS non ten persoal porque os médicos se van onde dan bos contratos"

Fátima Nercellas é unha das doutoras que combate en primeira liña a avalancha de casos de gripe A que contribúe a saturar as urxencias de Galicia. Tamén é representante do sindicato Ou’Mega nas urxencias do CHUS de Santiago onde leva anos denunciandola falta de recursos. Isto, di, creoulle problemas co SERGAS -abríronlle un expediente por sacar un paciente dos corredores- pero nesta entrevista con Galiciapress argumenta que a súa profesión aínda lle achega moito, tanta que non pensa renunciar a ela nin a alertar dos problemas que soportan os profesionais de Sanidade e os enfermos.

7 horas no corredor de Urxencias do CHUS co esternón roto, tres costelas rotas e unha infección respiratoria

O relato de María Botana é o dunha das moitas persoas que o pasado 26 de decembro pasaron practicamente todo o día nas Urxencias do CHUS, saturadas polo número de pacientes que requirían atención. Esta usuaria é un exemplo da idefensión que sofren os pacientes e denuncia para Galiciapress a precaria atención que recibiu o seu pai, de 71 anos, que visitou tres veces en 10 días o Servizo de Urxencias a consecuencia dun accidente de tráfico que lle provocou multiples traumatismos que derivaron nunha infección respiratoria 

Médicos (O'Mega) alertan de atascos nos corredores de urxencias en Santiago e o SERGAS pide tranquilidade

Sanidade sinala que houbo unha alza de patoloxías respiratorias na última semana pero que a situación no CHUS xa está normalizada. O sindicato O'Mega relaciona o atasco coa falta de suficiente persoal.

Rueda, ao lado de Eloína Núñez no conflito da xerente cos sanitarios, pero recoñece "problemas puntuais"

"Non é unha boa táctica dicir 'se non me recibes vou á folga'", advirte o presidente ao sindicato médico CESM

 

 

 

(VÍDEO) Colapsan outra vez as urxencias do hospital CHUS de Santiago con ducias de pacientes graves no corredor

O Sergas resta importancia, insistindo en que "hai que lembrar tamén o incremento en espazo, recursos e renovación de tecnoloxía"

Especialistas de Medicina Interna do CHUS elaboran un plan contra a precariedade

Os traballadores do servizo de Medicina Interna do complexo compostelán, que viviron unha situación crítica o pasado verán pola sobrecarga de traballo que sufriron, remiten un escrito co ‘Plan Funcional do Servizo de Medicina interna do CHUS’ á Xunta, ao SERGAS e a Sanidade. No texto, composto de 75 páxinas, subliñan o déficit de especialistas que presenta o servizo, a precariedade que sofren e o risco que todo isto entraña “para a calidade asistencial en todos os hospitais”.

 

Falece unha moza de 18 anos nunha saída de vía en Trazo; dous raparigos, de 18 e 20 anos, feridos​
Unha moza de 18 anos de idade, P.M.S., faleceu este martes, e outros dous mozos, de 18 e 20 anos, L.M.V. e M.H.G., resultaron feridos despois de que o coche no que viaxaban saíuse da vía e chocase contra unha árbore, segundo informaron o 112-Galicia e Urxencias Sanitarias.


O SERGAS busca calar á doutora Nercellas, que sacou un paciente do corredor, cunha sanción, denuncian os seus compañeiros
A afectada rexeita que cometese unha falta grave por trasladar a un paciente do corredor a Observación
Expediente contra a doutora Nercellas, que recibe ducias de apoios, por sacar do corredor de urxencias do Hospital de Santiago a un enfermo grave

A Asociación de Pacientes de Compostela abre unha petición en Change.org de apoio á doutora, que en poucos minutos recibiu xa ducias de firmas. Solicitan o arquivo do expediente.


CC.OO. convoca unha folga indefinida no Servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS para xaneiro
A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras convocou unha folga indefinida do persoal especialista do Servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela a partir de xaneiro, concretamente todos os martes do mes.
Médicos do brote covid denuncian que puideron contaxiarse no propio Hospital de Santiago e non na cea

 "As condicións nas que traballamos, os despachos e as salas de descanso asignadas para cada servizo non cumpren nin se aproximan ás recomendacións indicadas polas autoridades sanitarias"

Que pasa en Otorrinolaringoloxía do CHUS? Sindicatos denuncian "caos organizativo"; "diferenzas internas" para Xerencia​
A Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) elevou a inspección a situación na área de Otorrinolaringoloxía do centro, que achaca a diferenzas internas rexistradas entre os profesionais do servizo.

A Xerencia do CHUS eleva a inspección os problemas en Otorrinolaringoloxía, que achaca a diferenzas internas 

Que pasa en Otorrinolaringoloxía do CHUS? Sindicatos denuncian "caos organizativo"; "diferenzas internas" para Xerencia

Paciente do CHUS con dor na uretra termina "derivada a Psiquiatría" e pasa cinco meses sen diagnóstico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS fai pública a situación que vive María del Mar O. L., que leva case un ano esperando por unha intervención por un posible divertículo uretral.


O Hospital da Coruña é o único galego entre os 20 mellores de España, segundo un estudo de EE.UU.


Segundo a investigación de Statista para Newsweek, en Galicia o mellor é o CHUAC da Coruña, no posto 17 cunha nota de 73%. O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago aparece no posto 62 cunha nota do 68% e o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo está no posto 65 cunha nota case idéntica á do CHUS. Ningún dos outros hospitais do Sergas aparecen entre os 100 primeiros de España.

O CHUS permitirá que as embarazadas poidan estar acompañadas despois de negarllo "por obras"
As gestantes critican a "arbitrariedade" e a "incerteza" das políticas sanitarias: "Estivemos soas"
Un ancián completamente vacinado hai varios meses morre con coronavirus en Santiago

A Xunta confirma a Galiciapress que o home morto onte o CHUS recibira as dúas doses da vacina anti covid na residencia de Silleda. 

Sospeitosos de coronavirus esperando en padiolas nos corredores de Urxencias do Hospital de Santiago

Por agora, a Xunta non contestou.Hai anos que o SERGAS e a Asociación levan encerellados en polémicas ao fío de episodios de saturación nas urxencias do CHUS. A gripe foi o desacadenante de imaxes de pacientes esperando en padiolas e en cadeiras de rodas no corredores, no canto de en os preceptivos 'boxes', en pasados invernos.

"Risco importante de exposición" ao covid na UCI de Santiago, detecta un informe oficial, segundo a CIG
A área sanitaria apunta que os profesionais teñen á súa disposición todos "recursos preventivos existentes necesarios" para evitar contagios
Asociación de pacientes alerta de risco de "contaxio en cadea" na UCI do CHUS e o SERGAS rebáteo


Mentres o número de contagios en Galicia segue disparado despois do Nadal, a situación na UCI do CHUS segue sendo preocupante para a Asociación de Usuarios e Pacientes, que denuncian a deterioración da unidade e a urxente necesidade de acometer unhas obras que levan moito tempo demorandose.

Chamamento a doar sangue, sobre todo A+ e 0-, cuxas reservas están baixas en Galicia

Galiciapress contactou coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e co SERGAS para coñecer de primeira man a situación actual do banco de sangue galego. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE