(VÍDEO) Colapsan outra vez as urxencias do hospital CHUS de Santiago con ducias de pacientes graves no corredor
O Sergas resta importancia, insistindo en que "hai que lembrar tamén o incremento en espazo, recursos e renovación de tecnoloxía"
Segundo informaron na tarde de onte, vienres, a Galiciapress fontes sindicais "27 pacientes clasificados como graves" se atopaban no corredor de entrada a Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Deles, "30 con ingreso asinado ocupan parte da sala de observación", informan.
Estes episodios son recorrentes no CHUS e en case todos os hospitais do #Sergas, como se viu durante este inverno.
Galiciapress consultou onte o punto de vista da xerencia do #Sergas na área de Santiago. A isto, a Xunta respondeu que levan "días con incrementos de actividade, por encima da media". "Pero hai que lembrar tamén o incremento en espazo, recursos e renovación de tecnoloxía, así como un incremento do 30% do seu cadro de persoal nos últimos 2 anos".
Segundo datos proporcionado pola área sanitaria de Santiago de Compostela-Barbanza, nas últimas 24 horas atendéronse un total de 521 pacientes no servizo de urxencias. Destes, un total de 78 supuxeron un ingreso no hospital. En canto á ocupación de camas, algunhas áreas como a cirúrxica ou a #UCI superan o 60% de ocupación.
Escribe o teu comentario