Outro golpe á eólica galega ao arquivar a Xunta os parques de Soesto e Monte Chan
O arquivo ten lugar nun momento de especial polémica en torno ao futuro da eólica en Galicia.
É oficial. O Diario Oficial de Galicia (#DOG) vén de publicar leste mesmo luns as resolucións da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático relativas aos proxectos eólicos de EDP Renovalbles, S.L.#U., na Costa da Morte, cun resultado negativo para os intereses dos promotores destes plans eólicos.
ARQUIVADOS
Trátanse dos expedientes dos parques eólicos de Soesto, entre Laxe e Vimianzo, e Monte Chan, que abarca os concellos de Camariñas, Laxe e Vimianzo. Os dous viron como eran denegadas as autorizacións administrativas e, por tanto, quedaban arquivados os expedientes dos dous proxectos.
De Soesto, a resolución subliña que foi denegada a solicitude á vista da Declaración de Impato Ambiental que resultou desfavorable hai tres anos por parte da Dirección xeral de Calidade Ambiental, sostibilidade e Cambio climático. Desta maneira, propón o arquivo do expediente e a cancelación da garantía depositada na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade autónoma, próxima ao medio millón de euros.
Sobre Monte Chan, tamén unha Declaración de Impacto Ambiental Desfavorable, e tamén con data de hai tres anos, resulta na proposta de arquivo do proecto, que neste caso contara cun depósito de 2 millóns de euros. Esta clase de arquivos son reiterados nos últimos anos en Galicia.
CAMBIOS NO TSXG
As decisións teñen lugar nun momento de candente polémica en todo o relativo ao futuro dos proxectos eólicos en Galicia, especialmente despois da decisión de trasladar ao xuíz Luís Villares, á fronte da paralización de moitos proxectos no TSXG, e da decisión do maxistrado de recorrer ante o Consello Xeral do Poder Xudicial, xunto coa plataforma Xuízas e Xuíces para a Democracia, a decisión que o apartaba xunto a outros compañeiros da sección terceira do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Escribe o teu comentario