A Comisión de Seguimento do Acordo de Viabilidade da planta de aluminio de Cervo reuniuse por primeira vez en Galicia, tras 14 meses sen celebrar, con tensión entre os compromisos pendentes da empresa e a urxencia do comité de empresa.
O bloqueo do estreito de Ormuz obriga aos gobernos a establecer medidas alternativas para aforrar fuel.
O informe da Axencia Internacional da Enerxía dános un toque de atención
O 28 de abril de 2025 a Península Ibérica viviu un dos maiores apagamentos eléctricos da historia recente. Ás 12:33 horas, un fallo masivo na rede eléctrica deixou sen subministración a máis de 50 millóns de persoas. A un mes vista, como nos pode afectar a recuperación das perdas económicas relacionadas con este suceso? E como afecto en Galicia, teoricamente unha exportadora de electricidade?
Galicia encabeza a carreira da eólica mariña en España con 19 proxectos que suman 10.136 MW, máis da metade da potencia solicitada en todo o país. Con todo, o parón regulatorio do Goberno central, sen poxas nin normas claras, mantén estas iniciativas varadas, mentres Europa avanza e o liderado galego pende dun fío.
A mes e medio do IX Congreso da Confederación Intersindical Galega (#CIG) que se celebrará o 24 de maio, o secretario xeral da organización, Paulo Carril, parece afrontar a data con calma aínda que isto non lle fai esquecer os desafíos que para el está a afrontar a clase traballadora galega. Denuncia unha "demolición" industrial en Galicia, unha desertización que non trae novas alternativas de traballo. Así mesmo, valora as políticas enerxéticas e industriais da Xunta como unha materialización dos desexos do gran capital. Nese sentido, Altri é unha proba diso así como o desexo de reabrir a mina de Touro e unha política enerxética depredadora apoiada polo executivo galego. En canto a salarios, as distintas subidas do SMI significaron un relativo aumento para os e as traballadoras galegas, con todo, queda moito para chegar a unhas condicións salariais dignas.
A mes e medio do IX Congreso da Confederación Intersindical Galega (CIG) que se celebrará o 24 de maio, o secretario xeral da organización, Paulo Carril, parece afrontar a data con calma. Con todo, non esquece os diferentes desafíos que para el está a afrontar a clase traballadora galega. Denuncia unha "demolición" industrial en Galicia, unha desertización que non trae novas alternativas de traballo. Así mesmo, valora as políticas enerxéticas e industriais da Xunta como unha materialización dos desexos do gran capital. Nese sentido, Altri é unha proba diso así como o desexo de reabrir a mina de Touro e unha política enerxética depredadora apoiada polo executivo galego. En canto a salarios, as distintas subidas do SMI significaron un relativo aumento para os e as traballadoras galegas, con todo, queda moito para chegar a unhas condicións salariais dignas.
O prezo insosteible da luz en España e en concreto en Galicia, fixo case imposible afrontar a factura enerxética a fin de mes. Para evitar situacións de pobreza enerxética ou incapacidade de afrontar o gasto enerxético creouse a excepción ibérica, unha baixada temporal dos impostos para que a maioría puidese enfrontar ás necesidades enerxéticas dos seus fogares
O preacordo entre Alcoa e Ignis EQT deu algunha esperanza entre toda a incerteza xerada ao redor da fábrica de aluminio situada na Mariña. Con todo, os eólicos non están nin sequera construídos e o forno de cocción tampouco se levou adiante (a multinacional fala do 2028). Hai quen teme un peche lento e paulatino da factoría e hai quen ve algunha saída sen especificar cal e como
A multinacional Alcoa ha visto que non hai opcións de venda e por iso realizou unha serie de manobras entre as que inclúe un preacordo con Ignis e esixencias ao Goberno. Ademais, os traballadores e traballadoras néganse a negociar coa dirección ante “o incumprimento dos acordos asinados” como a creación dun novo forno de cocción e garantir os postos de traballo até 2028
Alcoa arrincaba as súas cubas de electrolisis este pasado catorce de febreiro. Facíao despois dos acordos asinados cos traballadores e tras varios anuncios de dificultades económicas que farían inviable a posta en marcha da factoría de aluminio. Por outra banda, o prezo da enerxía é outro obstáculo que Alcoa presenta á hora de garantir o futuro da fábrica instalada entre os concellos de Cervo e Xove.
As novas normas vixentes desde o 1 de xullo aumentan a distancia ás casas e seguen permitindo que axentes privados avalíen en parte a documentación ambiental, algo que os veciños críticos cos plans interpretan como un truco para favorecer ás empresas pero que, á vista das cifras,non logrou por agora acabar co atasco burocrático que lastra o desenvolvemento dun sector cada vez máis importante para a loita contra o cambio climático en Galicia.
En Galicia existen 187 polígonos eólicos operativos con máis de 4.000 aeroxeradores
Científicos e técnicos estiman que faltarían só vinte ou trinta anos para que esta tecnoloxía puidese empezar a usar masivamente acabando para sempre cos problemas de contaminación e de escaseza de enerxía que ameazan a supervivencia da humanidade e o futuro do planeta.
Sinalou que tamén depende doutros organismos, como a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, dependente do Goberno Central
A alcaldesa de Toledo, Milagres Tolón, avanzou este martes que, no marco da Federación de Municipios e Provincias (#FEMP), está a estudarse a posibilidade de reducir o horario da iluminación do Nadal unha hora, de tal modo que esta iluminación se acendería media hora máis tarde e apagaríase media hora antes.