Agriden a golpes e dentadas a un vixiante de seguridade do Centro Comercial Vialia de Vigo, denuncia CIG

Desde o sindicato pon o suceso como exemplo da situación dos miles de traballadores da seguridade privada en Galicia.


|

Vialia vigo grupo san josé
Vialia Vigo | Foot: Grupo San José

 

O sindicato CIG denunciou este luns unha agresión sufrida por un vixiante de seguridade do Centro Comercial Vialia de Vigo, e advertiu de que o ocorrido é reflexo da situación dos traballadores da seguridade privada en Galicia.
 


Así, o sindicato advertiu de que este traballo "se está convertendo nunha profesión de alto risco", pola falta de medidas de autoprotección e a elevada precariedade laboral.

No caso de Vigo, a agresión produciuse este domingo, cando unha persoa "en aparente estado de intoxicación ou síndrome de abstinencia" atacou a un vixiante, "provocándolle lesións e mordeduras".

"Tanto el como os seus compañeiros do centro comercial ten que afrontar todo tipo de incidencias (agresións, actos vandálicos e mesmo asistencia en mortes que se produciron desde a inauguración do ascensor HALO), que son resoltas grazas á súa profesionalidade", advertiron desde da CIG, que alertaron de que o ocorrido "pon de relevo as carencias nas condicións de traballo do persoal de seguridade".
 


O representante do sindicato na empresa Prosegur, Benito L. Pazos, denunciou que, cando ocorreu este incidente, só había un vixiante para toda a galería comercial e outro no control das cámaras, a pesar da gran afluencia de xente.

Igualmente, denunciou que a empresa "non entregou aínda os chalecos anticorte prometidos", polo que moitos vixiantes teñen que comprar o seu propio equipamento.

A CIG advertiu de que o ocorrido en Vialia Vigo "non é un caso illado", e que recentemente outro vixiante, nese caso na Catedral de Santiago, foi agredido por un home que se negaba a abandonar o templo tras ser acusado de acoso por parte dunha muller. Igualmente, producíronse outras agresións nun supermercado de Vigo, no CHUAC da Coruña, ou o hospital provincial de Pontevedra.
 


Ao mesmo tempo, inciden en que a agresión de Vigo non é un caso aisaldo. Recentemente, un vixiante da Catedral de Santiago resultou ferido tras ser agredido por un home.

Neste contexto, a CIG denunciou a tendencia das empresas a reducir o persoal de seguridade en centros comerciais e grandes superficies. O responsable de Seguridade Privada do sindicato, Pedro Pérez, proclamou que estes traballadores levan "décadas sometidos a convenios vergoñosos, salarios baixos, e xornadas excesivas, padecendo unha falta absoluta de medios e medidas de protección que garantan a súa seguridade laboral".
 

 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE