Hospitalizado e con custodia policial o lucense investigado por asasinar á súa nai a puñaladas

Os feitos ocorreron na noite do domingo ao lunces e o home foi arrestado cando se dirixía á estación de autobuses.


|

Hula concello lugo
HULA | Foto: Concello de Lugo

 

Un día despois do seu arresto, J.J.R.N. , de 45 anos e con problemas psiquiátricos, permanece ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti despois de que as autoridades o detivesen en relación ao asasinato da súa nai, M.N.N., de 76 anos de idade, á que, presuntamente, quitaría a vida cunha arma branca tras sufrir un brote psicótico. A súa estancia no hospital lucense atrasa a súa declaración ante o Xulgado de Insutrcción.

 

SUCESOS

Ata que non se normalice a situación médica do investigado non se procederá a tomarlle declaración polo ocorrido. A nai do presunto agresor foi atopada polo marido e pai do agora ingresado na área de Psiquiatría do HULA. A pesar da intervención dos sanitarios, a agredida faleceu tras ser trasladada ao hospital polas puñaladas que sufrira. 


Os feitos ocorreron nun domicilio da Praza de Bretaña e tras o aviso ás autoridades procedeuse a tratar de localizar ao investigado, que non se atopaba na vivenda tras o ocorrido. Foi localizado na rúa cando ía dirección á estación de autobuses. 

 

A investigación permanece aberta nestes momentos baixo segredo de sumario e a muller será enterrada este martes pola tarde no cemiterio municipal despois do funeral, que se oficiará na igrexa da Nova.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE