Unha lectura rápida das eleccións andaluzas

Manoel Barbeitos
Economista

Os cidadáns saben distinguir perfectamente a natureza e a dimensión de cada convocatoria electoral, algo que, por exemplo, pódese comprobar facilmente en Galicia

 

Elecciones andalucía
Eleccións andalucía

 

Nunhas eleccións (xerais, autonómicas, locais) votase quen queren os cidadáns que os goberne. Outra cousa é o que logo deciden os partidos políticos que en non poucos casos non coincide coa vontade manifestada polos electores. Neste caso os votantes andaluces deixaron claras varias evidencias.

 

Ningún partido logrou a maioría absoluta, que o Partido Popular (PP) aspiraba a repetir. O novo escenario esixirá alianzas e/ou acordos entre os partidos políticos que, vistos os resultados, poden dar lugar a un goberno en minoría (PP) con acordos puntuais (preferentemente con Vox), un goberno de maioría natural (PP/Vox), un goberno minoritario (PP) que conte co apoio do segundo partido (PSOE), cuxa xustificación sería impedir que as extremas dereitas (Vox) entren no goberno e que seguramente sería o preferido por Moreno Bonilla pero que atoparía o rechazo frontal da dirección española do seu partido (PP). Vistos os precedentes (Extremadura, Aragón, Castela A Mancha) a segunda opción (un goberno PP/Vox) parece a mais probable. Será un goberno que, numericamente, contará con unha moi ampla e confortable maioría absoluta.

 

Será este un goberno (PP/Vox) que acentuará o seu perfil conservador e extremista e que vai supor un maior retroceso do público, en especial das funcións de benestar (sanidade, ensino, maiores...), unha meirande desigualdade (social, xero, nacionalidade), un deterioro aínda maior do medio ambiente, un maior peso da airexa católica e do folclorismo español (toros,....). Será tamén, aínda contando cunha ampla maioría parlamentaria, un goberno que tardará en constituirase e que será bastante inestable (no se debe ignorar que Vox aspira a superar ao PP e que aquel non mantén boas relacións con Moreno Bonilla nin este con Vox). No formación dese goberno o PP de Andalucía (e moi especialmente o seu líder) vai a ter que deixar unhas cantas plumas.

En relación as esquerdas e as súas esperanzas de chegar a gobernar de novo en Andalucia so lle cabe esperar unha longa e dura travesía polo deserto. Longa travesía na que terá tempo para reflexionar sobre o seu pasado, o seu presente e o seu futuro. Deixo esas lecturas partidarias, que as hai e deberían seren relevantes, para outros. Iremos vendo.

 

Para rematar calquera translación destes resultados a nivel español (algo que intentarán as dereitas) non ten valor mais que o partidario por que outra lectura que deixan estas eleccións é a de que os cidadáns saben distinguir perfectamente a natureza e dimensión de cada cita electoral algo que, por caso, podemos comprobar facilmente en Galicia. Así parece claro (logo deste rosario de eleccións autonómicas) que nada lle garanta as dereitas que volvan a gañar en Andalucia nunhas eleccións xerais como tampouco se debe adiantar que vai pasar nas vindeiras eleccións municipais. Agora si, o barullo e as conspiracións (políticas, xudiciais, mediáticas) contra o goberno español de quenda (PSOE/Sumar) seguirán pero con un horizonte electoral que queda lonxe (as vindeiras eleccións non serán antes do 2027, maio?) pois un non apostaría por unhas eleccións xerais anticipadas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE