Un retroceso nas esquerdas que hai que atribuír tanto a súa endémica división, como ao seu perfil clásico que se en o PSOE non produce sorpresa si confirma que Unidas Podemos perdeu definitivamente a frescura e a novidade que tiña Podemos nas súas orixes (2014) para converterse mais nunha Esquerda Unida clásica que non entusiasma nin convence entre outras razóns por que, como lle sucede ao PSOE, mantén comportamentos de vella garda.As eleccións lexislativas francesas tamén confirman unha vitoria das forzas conservadoras e totalitarias (63% dos votos e 70% dos deputados) pero cun un notable descenso das forzas conservadoras (Ensemble!) e un auxe sen precedentes das totalitarias (RN) o que supón unha importante diferenza con relación a Andalucía.
A negociación entre Estado e Generalitat marcará o curso político. En Cataluña, está creando xa tensións entre ERC e os seus socios de JxCat sobre quen negociará . Ferraz ten que lidar cos receos dos baróns socialistas. No PP, Moreno desmárcase cunha proposta que seguramente obrigará a Feijóo a tomar posición sobre se pedir tamén un cara a cara para Galicia.
Unha interferencia xudicial nas decisións políticas que se repite con demasiada frecuencia e na que as dereitas españolas teñen un papel decisivo pola súa teima en xudicializar todos aqueles asuntos políticos relevantes nos que democraticamente perden a batalla política.
A Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo acordou a inadmisión do recurso contra a anulación da autorización ambiental unificada (AAU) da mina de Riotinto. Ecoloxistas en Acción gaña así definitivamente a súa batalla xudicial contra Atalaya Mining, a multinacional chipriota que financia a polémica reapertura da mina de cobre de Touro - O Pino.
O expresidente da Junta de Andalucía, José Antonio Griñán, condenado pola Audiencia Provincial de Sevilla a 15 anos de inhabilitación ademais dos seis anos de prisión por malversación nos expedientes dos ERE.
Andalucía é a comunidade con máis afectados con 132 enfermos, pero tamén se rexistraron casos en Madrid, Aragón, Estremadura e Castela e León. No cómputo nacional hai 529 casos sospeitosos. As embarazadas e persoas maiores son o principal grupo de risco desta enfermidade que pode manterse inactiva durante dúas semanas na persoa contaxiada.
O auxe dos gobernos antieuropeos e a riada de ultras que ocupan as rúas queren facer desaparecer das nosas vidas as ideas liberais que herdamos dos Pais fundadores e que nos mantiveron en paz tras unha post-guerra angustiosa.
Grupos de feministas galegas convocan para mañá, 15 de xaneiro, manifestacións en protesta do avance da ultradereita baixo o lema #niunpasoatrás. As activistas poñen o foco no pacto do PP con Vox en Andalucía, que entenden recorta os dereitos das mulleres.
Cando todos discuten sobre o pacto andaluz do que VOX é o gran triunfador, o PP o mamporrero da fazaña, e Cidadáns o mentireiro do grupo, quero lembrar con emoción aos 144 mortos da traxedia de Ribadelago.
Os dirixentes de Cidadáns, cun discurso que ninguén se cre, repetían que non están a negociar con VOX, senón co PP.
Falaba por fin o presidente de la Xunta tras un longo silencio do Nadal. E o mesmo día que Vox dicíalle ao PP que se quería gobernar en Andalucía tiña que, entre outras cousas, devolver ao Estado as competencias de Educación e cargarse a Lei contra a Violencia de Xénero, Alberto Nuñez Feijóo volveu lanzarlle un dardo aos filtreos de Pablo Casado coa ultradereita. O dirixente galego teno claro, as leis contra a violencia machista pódense mellorar, pero non derrogar como esixen os de Pablo Abascal.
Xusto cando en Andalucía o PP fai equilibrios para que non se note moito que cede ás demandas de Vox de eliminar medidas contra a violencia machista, en Galicia o PPdeG saca do esquecemento unha Comisión para, precisamente, concretar xa novas medidas. Coincidencia que se explica porque polo menos unha parte do PP galego comeza a estar incómodo polo xiro do PP en cuestións como o feminismo ao fío do ascenso de Vox.
Se isto fose Alemaña, seguramente fai xa un par de semanas a Merkel Andaluza chamaría aos xefes de PP e Cidadáns e ofrecéselles un goberno de cohabitación constitucional.