Vivimos tempos difíciles cheos de incertezas

Manoel Barbeitos
Economista

Esta fin de semana celebráronse tres procesos electorais (Andalucía, Francia, Colombia) que a pesar das súas importantes diferenzas tanto na natureza (autonómicas, lexislativas, presidenciais) como, por suposto, na situación de cada territorio e, evidentemente, no resultado si permiten certas lecturas e análises políticos comúns sobre os tempos que vivimos.

O resultado das eleccións autonómicas andaluzas, a vitoria por maioría absoluta do Partido Popular (43,13% dos votos) sumada o resultado obtido por  Vox (13,46%), confirma que as forzas conservadoras e  totalitarias (56,59% dos votos, 70% dos deputados) son claramente hexemónicas en Andalucía (56,59% dos votos, 70% dos deputados).


Hexemonía política que camiña paralela a un forte retroceso das esquerdas (PSOE,  P.A.,A.A.) nun contexto en que a participación electoral non foi moi elevada (58,4%). Un retroceso nas esquerdas que hai que atribuír tanto a súa  endémica división, como á súa perfil clásico que se en o PSOE non produce sorpresa si confirma que Unidas Podemos perdeu definitivamente a frescura e a novidade que tiña Podemos nas súas orixes (2014) para converterse mais nunha  Esquerda Unida clásica que non entusiasma nin convence entre outras razóns por que, como lle sucede ao PSOE, mantén comportamentos de vella garda.


As eleccións lexislativas francesas tamén confirman unha vitoria das forzas conservadoras e  totalitarias (63% dos votos e 70% dos deputados) pero cun un notable descenso das forzas conservadoras  (Ensemble!) e un auxe sen precedentes das  totalitarias (RN) o que supón unha importante diferenza con relación a  Andalucía. Por outra banda, aínda que as esquerdas foron derrotadas (37% dos votos, 30% dos deputados) o seu resultado é tremendamente positivo tanto si se ten en conta a súa debilidade e división no hai moito tempo, como que é froito dun enorme esforzo de unidade de forzas que parecen asumir a necesidade imperiosa de renovarse e unirse.


Finalmente o resultado das eleccións presidencias de Colombia, coa histórica vitoria -a primeira- dunhas esquerdas que, lideradas por Gustavo Pedro e Fran  Marquez, parece confirmar definitivamente que en Latinoamérica está a producirse un xiro histórico de enorme magnitude que, se finalmente acompáñase da vitoria de Lula en Brasil, ratificará que ese continente, da man das noticias esquerdas e con dirixentes populares, quere ocupar o lugar que lle corresponde na historia mundial e non o que lle asignaba o Imperio e os seus satélites. Un lugar que, dada a actual conxuntura mundial, pode ser de enorme importancia rexional.


Velaí as lecturas e análises comúns que se poden facer de eleccións tan distintas, en contextos diferentes, e tan distantes. Auxe en Europa das forzas conservadoras e  totalitarias que as esquerdas clásicas non son quen de frear pero que unha esquerda renovada si parecera estar en condicións de facelo a condición de que se gañe a unha parte maioritaria da actual abstención (41,6% en  Andalucía, 54% en Francia). 

 

Unha esquerda renovada que en Latinoamérica está a cambiar a historia en beneficio das maiorías. Por tales razóns, si ben é certo que vivimos tempos difíciles e cheos de incertezas, tamén non é menos verdade que hai sitio e razóns para a esperanza.


Tempo haberá para analizar con detalle como queda o escenario político español logo das eleccións andaluzas. Un escenario que, de entrada, aparece marcado por un auxe das forzas conservadoras (PP) e  totalitarias ( Vox) e un descenso das forzas que compoñen o actual goberno (PSOE,  UP). 

 

Queda máis dun ano, si Sánchez non adianta a convocatoria, para as próximas eleccións xerais. Moito tempo que se fai máis longo se temos en conta a situación excepcional, chea de incertezas, que hoxe en día vive Europa: Pandemia, guerra en Ucraína, cambio climático, crise enerxética e alimentaria, inflación...

 

O presidente do PP en Andalucía e presidente da Junta de Andalucía, Juanma Moreno, durante a súa intervención no segundo e último día do congreso do PP na que Alberto Núñez Feijóo sa
Juanma Moreno, presidente do PP de Andalucía, vencedor das eleccións por maioría absoluta.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE