Mentir non é delito, é indecencia

Manoel Barbeitos
Economista

álvaro garcía ortiz
álvaro garcía ortiz


 

Esta semana e dende as dereitas (PP) fixéronlle ao goberno español de quenda (PSOE/Sumar) un grande regalo que seguramente este non esperaba tan cedo, mais está aproveitándoo moi ben para colocar a aquelas á defensiva. O regalo sería a cargo de (Miguel Ángel) Rodríguez, xefe de Gabinete da presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid e de (Alberto) González Amador, parella da señora (Isabel) Díaz Ayuso, presidenta da citada comunidade.
 

(Miguel Ángel) Rodríguez diante do Tribunal Supremo veuse obrigado a recoñecer que inventara aquilo de que o Fiscal Julián Sato ofrecera inicialmente un pacto a (Alberto) González Amador e que logo o retirara por orde do Fiscal Xeral (Álvaro) García Ortiz quen a súa vez supostamente recibira indicacións de arriba -da Presidencia de Goberno que buscaría así impedir o acordo-. A realidade foi que a iniciativa partira do abogado do señor (Alberto) González Amador quen nun correo electrónico recoñecía que o seu defendido cometera dous delitos fiscais -falsificación documental e corrupción nos negocios-. Polo que este lle ofrecía un pacto á Fiscalía para así eludir entrar na cadea. A este correo tiveron acceso varios medios de comunicación -catro exactamente: El País, El Mundo, El diario.es e Cadena Ser-, mesmo antes que o propio Fiscal Xeral, e que os medios fixeron público. Neste contexto, dende o Gabinete da presidenta da C.A. de Madrid se divulgou nos medios afíns -El Mundo- que as cousas foran ao revés e que, precisamente, a Fiscalía foi quen ofrecera un pacto a (Alberto) González Amador para que admitiría os delitos. Unha mentira que obrigou á Fiscalía saír a desmentir ese bulo. Circunstancia que sería aproveitada por ese cidadán, agora defraudador fiscal confeso, e polo círculo da súa parella, a señora (Isabel) Díaz Ayuso, para acusar ao Fiscal Xeral de revelación de segredos. Acusación que de inmediato sería aceptada polo maxistrado do Tribunal Supremo, (Ángel) Hurtado, para incoar un expediente xudicial ao Fiscal Xeral pola suposta revelación de secretos. Un delito polo que, de ser enxuiciado, podería enfrontarse a penas de entre un e catro anos, suspensión de emprego público deica tres anos e inhabilitación especial deica cinco anos. Delito que, como todo o mundo xa sabe, (Álvaro) García Ortiz nunca cometeu.

 

Agora que a verdade da trama quedou descuberta e recuperados a honorabilidade e o bo nome da Fiscalía Xeral cabe preguntarse: que pensa facer o maxistrado (Ángel) Hurtado? A ninguén se lle escapa de que hai dous persoaxes do entorno da señora (Isabel) Díaz Ayuso que mintiron, (Miguel Ángel) Rodríguez e (Alberto) González Amador e que hai un maxistrado do Tribunal Supremo, (Ángel) Hurtado, que montou unha instrucción que resulta seren un auténtico escándalo por que senta no banquillo a un Fiscal Xeral...sen probas e con argumentos baseados en mentiras. Un escándalo político fronte ao que o Partido Popular (PP), que a conta desta trama montara un brutal ataque contra a Fiscalía Xeral, o goberno de quenda (PSOE/Sumar) e o seu Presidente (Pedro) Sánchez, só se lle ocorre dicir que “mentir non é delito”.


 

Por fin, máis cedo que tarde, terase que facer xustiza co señor (Álvaro) García Ortíz, xurista decente e honrado, que estivo sendo obxecto pola caverna (política, xudicial e mediática) dunha das máis sucias e repulsivas campañas de acoso e derrubo que coñeceu a democracia e que pasará á historia das infamias en España.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE