Un deputado do PP galego defende pactar con Vox para acabar coa "corrupción sistémica" do PSOE

O deputado do Partido Popular de Galicia Alberto Pazos Couñago defendeu o pacto alcanzado polos populares en Andalucía con Vox porque "axudou a acabar coa corrupción sistémica" do Partido Socialista nesta comunidade.

|

A polémica sobre temas estatais como a sentenzas dos ERES de Andalucía e os pactos do PPcon VOX seguen contaminando a política galega. Hoxe, no Parlamento de Galicia - mentres o presidente da Xunta rexeitaba formulacións ultras, dicía que bota de menos ao Partido Comunista de antes e negaba recortar os servizos públicos- un subordinado seu xustificaba pactar coa dereita radical.



20161122 pleno 12 Alberto Pazos Couu00f1ago

Pazos Couñado nun anterior pleno


O deputado do Partido Popular de Galicia Alberto Pazos Couñago defendeu o pacto alcanzado polos populares en Andalucía con Vox porque "axudou a acabar coa corrupción sistémica" do Partido Socialista nesta comunidade.


Pazos Couñago pronunciou estas palabras na mañá deste mércores durante o debate dunha iniciativa na sesión plenaria que acolle desde o pasado martes a Cámara galega. En concreto, a proposición non de lei pedía, a proposta do grupo mixto, que o Parlamento se posicionase en contra de que a organización de eventos deportivos en países nos que se vulneran os dereitos da muller.


COMPARACIÓN ENTRE VOX E BILDU

"Atrévense a criticar o pacto con Vox, que axudou a acabar coa corrupción sistémica do PSOE. Son os mesmos que buscan un pacto co señor (Arnaldo) Otegi ou cos independentistas condenados por sedición", aseverou Pazos Couñago durante a súa intervención no debate da proposición, finalmente aprobada por unanimidade tras introducirse unha emenda do Grupo Socialista.

O pleno ordinario desta semana, celebrado ás portas do 25 de novembro (día para a eliminación da violencia de xénero), estivo marcado polas continuas referencias aos pactos do PP con Vox, así como á sentenza do caso dos ERES en Andalucía e ao preacordo asinado entre PSOE e Podemos para impulsar un goberno no Estado.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE