Xuíces e fiscais "comendo e alternando con cargos do PP ourensán con total normalidade"

A exconcejala Iolanda Pérez Docampo denuncia nunha rolda de prensa a falta de separación de poderes entre a política ourensá e o poder xudicial.


|

A exconcejala Iolanda Pérez Docampo denuncia nunha rolda de prensa a falta de separación de poderes entre a política ourensá e o poder xudicial.


Iolanda perez docampo


Iolanda Pérez Docampo, exconcejala do BNG no Concello de Ourense e exnúmero 3 de Anova, denunciou a existencia dunha falta total e absoluta de separación entre o armazón político do goberno ourensán e o poder xudicial da provincia.


Nunha comparecencia de forma pública para valorar a sentenza de absolución do pasado 23 de febreiro na que, acusada por presuntas irregularidades na contratación de asistencias técnicas no Consistorio da capital en 2014, durante o bipartito, cargos polos que non foi achada culpable, despois de que a sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Ourense considerase que non existían datos obxectivos que permitisen "concluír de maneira absoluta" que fose "plenamente consciente da ilegalidade" da súa decisión de prorrogar mensualmente os contratos denunciados.

O tribunal destacou no escrito que a concelleira do BNG levaba mes e medio no seu cargo á fronte do Concello de Ourense e que non había "constancia de que fose informada ou advertida polos técnicos" sobre a situación ilegal dos contratos.


Pérez Docampo cuestiona a relación existente “a nivel local” entre xuíces, fiscais e políticos. “Como pode ser que vexamos con normalidade que xuíces e fiscais de Ourense coman e alternen con cargos do Partido Popular provincial con causas abertas a espera de sentenza? Non é normal e está normalizado", denuncia a agora militante de En Marea.


A exconcejala subliñou na súa declaración que a súa esperanza é que estes casos “non se repitan no futuro” e que o seu caso sirva para que os partidos "reflexionen para establecer outros métodos para escoller de forma máis independente ás persoas que van xulgar, tanto xuíces como fiscais" co fin de que exista unha verdadeira separación de poderes.

"É un bo momento para que toda a sociedade reflexione sobre a falta de separación de poderes entre o poder político e o poder xudicial", reclamou a exmilitante do BNG, que tamén criticou que tivo que decatarse da súa imputación polos medios de comunicación, mentres que “segue esperando” pola citación.


UNHA COMPARECENCIA TARDÍA

Acompañada por Davide Rodríguez, tamén deputado de En Marea, e por Alfonso Diz, un dos dirixentes da formación en Ourense, Pérez Docampo afirmou que a rolda de prensa foi convocada dez meses despois do coñecemento da sentenza “porque xa é firme”. Pola súa banda Diz recalcou que a data se debe a que os prazos nos que o Ministerio Público podía estudar o caso para reabrilo podían chegar ata novembro, polo que a formación non quería "que unha nova actuación política da Fiscalía puidese cambiar a absolución da compañeira".


"Ao ver que o caso ía avanzando a golpe de proceso electoral, vimos intencionalidade política entre a Fiscalía e os procesos electorais destes catro anos e medio para crear a bóla de que todos somos iguais. Non temos as armas para defendernos, apartámonos porque é a única maneira de que falen de nós. Foron catro anos e medio martillando. É ridículo este castigo e que dure catro anos e medio", engadiu.

Do mesmo xeito, Davide Rodríguez denunciou a “inxusta situación” que tivo que vivir a exconcelaja, destacando a “ética” que acompañou a Pérez Docampo durante o proceso, sinalando que é un valor do que carecen “outras organizacións”. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE