Hai unha canción infantil moi coñecido que di:"agora que estamos reunidos, imos contar mentiras tra-la-ra", o resto xa a coñece. Así se podería definir o pacto final, sen foto de de o trío PP, Cidadáns e Vox. O martes pola tarde/noite, as diferenzas programáticas entre os tres partidos era máis que evidentes. Así o venderon os protagonistas. Os políticos de Vox presentaran un documento de 19 puntos que dinamitaba a Constitución Española. A maioría das súas propostas traspasaban a liña da legalidade vixente e deixa escapar un tufillo propio dunha etapa escura da historia de España. Saltaron as alarmas, nunha boa parte das filas dos outros "socios". Parecía que a sombra de novas eleccións volvera a Andalucía. Pero ao final da escenificación, os intereses políticos por gobernar Andalucía primaron. Agora ben, non hai que crerse que Vox renunciase ás súas propostas.
Os dirixentes de Cidadáns, cun discurso que ninguén se cre, repetían que non están a negociar con VOX, senón co PP. Eles só pactaron con estes, coa ultradereita, non. Por iso non se produciu a foto do tripartito. A mesma non interesa a Cidadáns, que vende por activa e por pasiva que non teñen nada que ver coa formación de Abascal. Alguén llo cre? Así que, ante este panorama teatral, a estrela da sesión fotográfica foi Juan Manuel Moreno, aspirante a presidir o goberno andaluz.
O certo é que se explicou unha cousa, e na trastienda hai outras cousas e cando o PP goberne, compartindo consellerías con Cidadáns, iranse introducindo as propostas maquilladas da ultradereita, non lles caiba a menor dúbida. Todo foi unha basta escenificación, cuxos resultados, se finalmente conseguen o goberno, iranse vendo ao longo dos meses. VOX non renuncia, cambia os tempos para recoller os beneficios dos seus votos. Non deu un cheque en branco, cóbrase o seu apoio e ademais cos réditos.
Por certo, o máis que probable presidente da xunta, Juan Manuel Moreno, é un andaluz nado en Catalunya onde os seus pais recalaran en busca de traballo e benestar para a súa familia. Esta circunstancia é similar á de José Montilla, un catalán nado en Andalucía que chegou a ser presidente da Generalitat. Curiosa coincidencia. Aínda que a presenza de cataláns en Andalucía por unha ou outra circunstancia sempre foi constante. Na Reconquista de Granada participaron 1.500 cataláns. A historia está chea de acontecementos que algúns queren esquecer.
Escribe o teu comentario