Adeus á excepción ibérica, sobe o IVE da luz ao 21%

O prezo insosteible da luz en España e en concreto en Galicia, fixo case imposible afrontar a factura enerxética a fin de mes. Para evitar situacións de pobreza enerxética ou incapacidade de afrontar o gasto enerxético creouse a excepción ibérica, unha baixada temporal dos impostos para que a maioría puidese enfrontar ás necesidades enerxéticas dos seus fogares


|

 

Archivo - Un hombre enciende una largadera con varios enchufes con una factura de luz en la mano, a 3 de enero de 2022, en Madrid, (España). El precio medio de la electricidad en el mercado mayorista
Arquivo - Un home acende unha largadera con varios enchufes cunha factura de luz na man, a 3 de xaneiro de 2022, en Madrid, (España)


 

A guerra de Ucraína desestabilizou os mercados da enerxía en Europa. En 2022 España e Portugal plantábanse nunha reunión da UE ante o que consideraban cargas sobre o gas inasumibles para estes países. Durante tres anos os contadores de luz e enerxía en Galicia, do mesmo xeito que o resto do Estado, reflectiron custos baratos para que a poboación poida facer fronte ao sobrecargo en impostos. O Goberno solicitou á UE unha prórroga para este ano que entra pero Bruxelas xa dixo que non e toca apertar o cinto.


 

INCREMENTO NAS FACTURAS

Desde o 1 de xaneiro de 2025, todos os consumidores verán un incremento na súa factura eléctrica tras a decisión do Goberno de reverter o IVE do 10% ao 21%. Isto forma parte dun proceso gradual que busca restablecer as medidas fiscais que foran implementadas en resposta á crise enerxética por mor da guerra de Ucraína. Este repunte impositivo provocará que unha vivenda cun consumo mensual de 250 kWh pase de pagar aproximadamente 50,62 euros en decembro a 56,63 euros en xaneiro, o que representa un aumento anual de polo menos 72 euros.
 

 

 

 

 

Ademais, os usuarios dos prezos regulados (PVPC) verán un incremento estimado de até 140 euros anuais na súa factura eléctrica. Estes cambios prodúcense nun contexto de prezos da electricidade que xa se estableceron ao redor dos 100 euros por megawatt-hora (MWh).


 

Precio luz pvpc
Prezo luz pvpc


Variación de prezos durante o ano 2024, cunha forte subida a partir de outubro.

Precio mercado antes de excepciu00f3n ibu00e9rica
Prezo mercado antes de excepción ibérica

O prezo da enerxía, sobre todo electricidade, a partir de 2022 fixo que os gobernos de España e Portugal non aceptasen as regras que quería impor a UE. Desta forma, se negoción unha rebaixa temporal de impostos que se deixou notar xa en 2023 deixando atrás un 2022 case imposible de afrontar.
 

 

 

 

 

 

QUE SUCEDERÁ NOS FOGARES?

Cun incremento do IVE e a subida dos cargos, o custo medio da electricidade en Galicia espérase que sexa un 22,24% máis alto en comparación co 2024. Este desafío financeiro chega xusto despois das festas do Nadal, cando as familias, tradicionalmente afectadas polos gastos de decembro, enfrontaranse a unha "costa de xaneiro" máis empinada, e a situación tornarase máis preocupante para os fogares con ingresos limitados.


 

O novo marco fiscal e tarifario non só afectará os fogares en termos de custos, senón que tamén terá un impacto nos seus hábitos de consumo e xestión da enerxía nun tempo en que a sustentabilidade e a eficiencia enerxética son máis relevantes que nunca.


 

 

 

A volta do IVE ao 21% e o aumento dos cargos regulados marcarán un novo escenario no consumo eléctrico dos galegos en 2025. Aínda que algúns destes cambios foron necesarios tras a crise enerxética, é crucial que o Goberno e as entidades competentes consideren medidas adicionais para mitigar o impacto sobre os sectores máis vulnerables.


 

Os datos reflicten un panorama tenso no mercado eléctrico, cun custo que segue aumentando e que podería continuar afectando o día a día das familias en Galicia e o resto do país. A necesidade de estar atentos ás variacións de prezos e buscar alternativas nun mercado en constante cambio é máis importante que nunca.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE