Enquisa Galicia: a esquerda bate outra vez a un PP ferido polo avance de Vox
Por segunda onda consecutiva, o estudo de 40db sobre as eleccións xerais en Galicia volve apuntar a uns resultados moi sorprendentes, inéditos na historia política do país. Non só pola esquerda, onde tanto o PSOE como o BNG teñen máis intención de voto que o Partido Popular de Galicia, tamén pola dereita.
 
Certo é que os de Alberto Nuñez Feijóo recupéranse un pouco tras dúas ondas á baixa, pero o rebote é pequeno, non chega a un punto. Esta mínima recuperación prodúcese á vez que o caixón de xastre de abstención, voto en branco e nulo experimenta un importante retroceso, case seis puntos.
Na análise do barómetro anterior dixeramos que se apreciaba unha clara correlación inversa entre abstención e similares e intención de voto ao PP. É dicir, que o voto oculto en Galicia é fundamentalmente conservador.
 
A ultradereita galega a piques de romper o muro
Con todo, as cifras desta onda parecen contradicir tal afirmación, ou polo menos debilítana. Se moitos deses indecisos non volveron ao PP, onde foron?
Pois a Vox. O partido ultranacionalista español colleita unha enorme alza. Duplica a súa porcentaxe da onda de outubro, case batendo a súa marca este ano. 
Confírmase así o observado a nivel estatal e no desglose, tamén estatal, da transferencia de votos. En España, un 15% dos que din que votaron ao PP agora din que votarían a Vox.
En definitiva, unha dos maiores éxitos do PPdeG, ser capaz de construír un muro para preservar o seu case monopolio a representación da dereita en Galicia, está a racharse e isto pode redibujar de maneira profunda o panorama político do país, ameazando a capacidade dos conservadores de cultivar maiorías -e gobernar Galicia- en solitario.
Si Vox xa estivo a piques de sacar un escano nos xenerais de 2023 cun 4% dos votos, é imposible que se mantén ese 12% non logre algún escano nos xenerais. Sumar, cun 10%, conseguiu dous.
 
Sumar sige sen opcións, pactar co PSOE é a solución?
Pola esquerda, o panorama mostra a un PSOE avanzando. Lentamente, menos de dous puntos nesta onda, iso si, e sen chegar aínda ás porcentaxes de intención de voto de principio de ano. O 23% actual está aínda lonxe do 28% co que empezaron en 2025. Está claro que os escándalos de corrupción séguenlles pasando factura, aínda que non tanto como cando estalaron, alá por primavera.
A curva do BNG é máis irregular que a do PSOE pero tende, en termos xerais, á alza, pese ao retroceso de case dous puntos esta onda desde as cifras de outubro, que foron as mellores do ano. En todo caso, os de Ana Pontón acabarán, salvo sorpresa, cuns niveis de apoio superiores aos de inicio de ano. Unha parte do desgaste socialista alimenta a caldeira da locomotora nacionalista.
A esquerda rupturista segue pelexando por migallas. Nin o 3,5% de Sumar nin o 1,5% de Podemos outórganlles posibilidades de entrar pola disputa dalgún escano en Galicia. 
 
Isto implica que Sumar debe facer unha pregunta. Ten sentido arriscar que Yolanda Díaz quede fóra do Parlamento se se presenta, como nos pasados comicios, pola Coruña? 
 
Unha cuestión que entronca cos rumores das últimas semanas, sobre un posible pacto entre o PSOE e Sumar para que os azamboados non se presenten nas circunscricións onde parece que non teñen opcións, como, segundo as sondaxes, é o caso das catro provincias galegas. A cambio, poderían constituír listas únicas de PSOE e Sumar nesas provincias.
Migallas tamén é o que colleita SALF. Os de Alvise Pérez quedan nun 2,2%, moi lonxe daquel 5% co que debutaron na primavera. 
 
Con todo, se sumamos as porcentaxes de Vox, 12,4%, cos do axitador ultra, obtemos unha cifra moi similar á intención á intención de voto do Partido Popular. Outro indicio máis de que o cambio profundo que se consolida na dereita española empeza a chegar con forza a Galicia.
Vox, que a nivel España empezou o ano no 11%, anda polo 17%. O PP estatalempezó no 33% e repite en torno ao 30%, o seu mínimo do ano.
 
Os ultranacionalistas españois son os favoritos a nivel de estado tanto entre a poboación menor de 44 anos como no conxunto da poboación masculina. O ascenso de Vox non é só o produto dun apoio masivo e volátil por parte de homes moi novos. É moito máis sólido e por vez primeira ameaza seriamente a hexemonía do PP en Galicia.
    
					
Escribe o teu comentario