Galiciapress supera os 400.000 usuarios en xaneiro, o terceiro medio de Galicia dos auditados por OJD
A última onda de OJD Interactiva outorga ao diario galego de Pressdigital Group máis de 600.000 páxinas vistas, a súa marca desde a pandemia.
A onda de xaneiro de 2026 confirma a Galiciapress como o terceiro medio de comunicación con máis usuarios entre aqueles auditados externamente por OJD. En concreto outorga a esta cabeceira 446.969 usuarios únicos e 638.761 páxinas vistas.
Son as mellores cifras deste xornal desde a pandemia do coronavirus, cando a audiencia dos medios en internet disparouse debido aos confinamentos e ao voraz apatito pola información.
A alza de xaneiro -Galicipress viña roldando os 300.000 usuarios únicos e as 400.000 impresións en 2025- explícase pola popularidade da información de servizo público.
As noticias sobre o impacto do tren de borrascas, as folgas e protestas no SERGAS e a folga de transportes na provincia da Coruña foron as noticias máis vistas.
Galiciapress leva11 anos de traxectoria ininterrompida e a súa audiencia está auditada por GfK, Comscore e OJD Interactiva. Está producido por un equipo de xornalistas con base na Praza da Quintana de Santiago de Compostela.
Forma parte de PressDigital Group, que encabeza Catalunyapress, un medio de corte autonómico que leva anos sendo referencia na información dixital na comunidade catalá.
Escribe o teu comentario