Histórico logro ao producir máis enerxía que a consumida mediante fisión nuclear
Científicos e técnicos estiman que faltarían só vinte ou trinta anos para que esta tecnoloxía puidese empezar a usar masivamente acabando para sempre cos problemas de contaminación e de escaseza de enerxía que ameazan a supervivencia da humanidade e o futuro do planeta.
Por primeira vez na historia, os científicos estadounidenses na Instalación Nacional de Ignición no Laboratorio Nacional Lawrence Livermore en California produciron con éxito unha reacción de fusión nuclear que resultou nunha ganancia neta de enerxía, segundo informou CNN.
O resultado do experimento é un gran paso na procura para atopar unha fonte infinita de enerxía limpa que podería axudar a terminar coa dependencia dos combustibles fósiles. Durante décadas, os investigadores tentaron recrear a fusión nuclear, replicando a fusión que alimenta ao sol.
Con todo, nunca obtiveran unha ganancia limpa. É dicir, até agora habian gastado máis enerxía en realizar o proceso de fusión que a que obtiveran ao final, e con este fito histórico han conseguido que o proceso acabe cunha ganancia limpa de energia, abrindo a porta a unha fonte de enerxía limpa e ilimitada.
Se se consiguira consolidar esta técnologia, daría lugar a unha fonte de enerxía inesgotable, xa que utiliza recursos moi abundantes na terra, como a auga de mar. Por tanto, baixaría o custo enerxético de forma substancial. "Cos átomos que caben nun vaso de auga teriamos enerxía para unha familia de catro persoas durante 40 anos", explica Eleonora Viezzer, investigadora científica e referente mundial no desenvolvemento da fusión nuclear a Onda Cero.
![4844626925 6dfa9305f9 b](/multimedia/images/5690497.jpg)
Segundo informa CNN, a secretaria de Enerxía de EE. UU, Jennifer Granholm, fará un anuncio o martes sobre un "gran avance científico", anunciou o departamento o domingo.
A fisión nuclear ocorre cando dúas ou máis átomos fusiónanse nun máis grande, un proceso que xera unha gran cantidade de enerxía en forma de calor. A diferenza da fusión nuclear que alimenta a electricidade en todo o mundo, non xera refugallos radioactivos de vida prolongada.
Escribe o teu comentario