O domingo de madrugada cambia a hora, o que permite aforrar o 0,4% da electricidade, estima a Xunta

A Consellería de Economía lembrou este venres que o cambio de hora previsto para esta fin de semana, co adianto dunha hora polo comezo do horario de verán do sábado ao domingo, representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico, e do 3% para o sector servizos, alcanzándose unha diminución no consumo eléctrico total no conxunto de Galicia próximo ao 0,4%.

|

O recorrente e cada vez máis polémico cambio de hora aproxímase. Na noite do sábado a o domingo ás 2 pasarán a ser as 3.


A Consellería de Economía lembrou este venres que o cambio de hora previsto para esta fin de semana, co adianto dunha hora polo comezo do horario de verán do sábado ao domingo, representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico, e do 3% para o sector servizos, alcanzándose unha diminución no consumo eléctrico total no conxunto de Galicia próximo ao 0,4%.


Gráfico co cambio de hora de Primavera de 2021



Este cambio de hora, apunta a Xunta, permite un maior aproveitamento das horas de luz, o que supoñerá empregar a luz solar para a realización de distintas actividades durante o día, reducindo deste xeito os consumos enerxéticos.


CONSELLOS

Con todo, para alcanzar este potencial de aforro, é preciso levar a cabo un uso racional e responsable da enerxía a través de pautas sinxelas, como prescindir da luz artificial cando non é estritamente necesaria; utilizar tecnoloxías de aforro en iluminación de baixo consumo; instalar sensores que apaguen ou regulen a iluminación artificial; ou optar pola renovación de xanelas para evitar as fugas de calor.

Estes hábitos, sumados a outros como unha correcta climatización das vivendas, o adecuado funcionamento dos electrodomésticos ou o seguimento de pautas de condución eficiente, poden permitir ao cidadán diminuír o seu consumo enerxético anual ata un 35%, ademais de evitar emisións contaminantes á atmosfera.

O Inega ten ao dispor dos cidadáns a Guía práctica de aforro de enerxía, que se pode consultar na súa páxina web e na que se sinala a importancia de adoptar hábitos básicos, como aproveitar en maior medida a iluminación natural ou potenciar a utilización de tecnoloxía eficiente mediante o uso de detectores de presenza, fotocélulas e outros mecanismos de regulación e control. Por exemplo, deben evitarse tanto as filtracións de aire como o recubrimento dos radiadores con roupa, que dificulta a transmisión da calor.

DIRECTIVA EUROPEA
O cambio horario vén motivado pola Novena Directiva que rexe o denominado 'Cambio de hora', de obrigado cumprimento para todos os países da Unión Europea, vixente desde o ano 1981 e que se renova cada catro anos. Esta medida de modificación dos horarios comezou a xeneralizarse a partir de 1974, cando se produciu a primeira crise do petróleo e diversos países decidiron adiantar os seus reloxos nos meses de verán para poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir así menos electricidade en iluminación.

Precisamente co obxectivo de promover a cultura do aforro enerxético nos fogares galegos, a Xunta impulsa unha nova convocatoria do programa Renove Electrodomésticos, co que se prevé axudar a 20.000 familias a aforrar 560.000 euros anuais na súa factura enerxética. Investiranse un total de 3 millóns para apoiar o cambio de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas etc.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE