A Consellería de Economía lembrou este venres que o cambio de hora previsto para esta fin de semana, co adianto dunha hora polo comezo do horario de verán do sábado ao domingo, representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico, e do 3% para o sector servizos, alcanzándose unha diminución no consumo eléctrico total no conxunto de Galicia próximo ao 0,4%.
A madrugada do próximo domingo, 27 de outubro, finalizará o horario de verán cando ás 03,00 horas atrásense os reloxos e de novo volverán marcar as 02,00 horas en España. Deste xeito, recuperarase un ano máis o horario de inverno, de acordo coa Directiva Europea do Cambio de Hora que se aplica en todos os Estados da UE.