Esta noite, ás 2:00 serán as 3:00
Europa cumprirá así coa Directiva Europea 200/84/#CE, que afecta sen excepción a todos os estados membros
A madrugada deste sábado ao domingo, entre o 25 e o 26 de marzo, ás 2:00 horas serán as 3:00 horas, tras adiantar os reloxos. Dará comezo así o horario de verán, que se estenderá o último fin de semana de outubro, cando o reloxo volverá ao horario de inverno.
Co camio de hora cúmprese coa Directiva Europea 200/84/#CE que segue afectando, sen excepción, a todos os estados membros da Unión Europea. As primeiras disposicións deste horario de verán adoptáronse en Europa en 1980 e coa aprobación no ano 2000 desta directiva comuntaria fixouse o inicio do horario de verán o último domingo de marzo e a súa finalización na madrugada do último domingo de outubro.
No conxunto da Unión Europea no ano 2018 expúxose a proposta de eliminar o cambio de hora e iniciouse un proceso que aínda que consideraba suprimir este cambio en 2019, os entón Vinte e oito consideraron que a iniciativa era prematura e aprazouse a decisión até o ano 2021.
En España, no ano 2019 o Consello de Ministros do 22 de marzo, a entón portavoz do Goberno e ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, adiantou que España mantedría o seu fuso horario e o cambio de hora estacional mentres reflexionaba até o ano 2021.
O cambio horario forma parte da Directiva Europea 2000/84#CE que afecta a todos os Estados membros da Unión Europea co obxectivo de aproveitas mellor a luz soas pola tarde. Por tanto, o cambio é obrigatorio e sempre se produce nas mesmas datas e horas no conxunto da UE, de maneira que non existe a posibilidade de que un Estado membro non aplique este cambio de hora.
A Comisión Europea considera que o consumo de enerxía non é o único aspecto positivo, senón tamén subliña outros impactos sobre sectores como é o transporte, as comunicacións, a seguridade viaria, as condicións de traballo, os modos de vida, a saúde, o turismo ou o lecer.
Escribe o teu comentario