Este domingo chega o horario de verán e durmiremos unha hora menos

|

Cambiodehoramarzo017


A madrugada do próximo domingo, 26 de marzo, comezará o horario de verán ás 02.00 horas, cando se adiantará unha hora o reloxo e serán as 03.00 horas en todos os Estados Membro da Unión Europea.


O cambio de hora é unha Directiva Europea 2000/84/CE de obrigado cumprimento que pretende aproveitar mellor a luz solar en aras da eficiencia enerxética.


A este respecto o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital destacou que a directiva é común para as datas e horas nas que comeza e termina o horario en toda a UE e que "non existe posibilidade de excepción" que permita a un Estado membro non aplicar o réxime da hora de verán.


A medida, segundo un estudo da Comisión Europea, ten impactos positivos non só sobre o aforro enerxético senón sobre outros sectores como o transporte, as comunicacións, a seguridade viaria, as condicións de traballo e os modos de vida, a saúde, o turismo ou o lecer.


O cambio horario remóntase á década dos 70, cando se produciu a primeira crise do petróleo e algúns países decidiron adiantar os seus reloxos para poder aproveitar mellor a luz natural do sol e consumir así menos electricidade en iluminación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress