Investigan si a caída dunha muller desde un terceiro piso no Carballiño responde a un crime machista

A Garda Civil está á fronte da investigación pola caída dunha muller desde un terceiro piso na localidade ourensá, baixo a sospeita de que podería tratar dun novo crime machista.  SUCESOLos feitos tiveron lugar de madrugada, nun domicilio da rúa Curros Enríquez e a vítima, froito da caída desde o balcón nunha terceira planta, foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) en estado grave.


|

 

 

HHkLDW1WMAIHhiW
Foto: @g24noticias

 

Conmoción no Carballiño por un feito que tivo lugar na madrugada deste martes e que ten ás autoridades desconcertadas. A Garda Civil está á fronte da investigación pola caída dunha muller desde un terceiro piso na localidade ourensá, baixo a sospeita de que podería tratar dun novo crime machista.

 

 

SUCESO

Os feitos tiveron lugar de madrugada, nun domicilio da rúa Curros Enríquez e a vítima, froito da caída desde o balcón nunha terceira planta, foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) en estado grave. No entanto, segundo os últimos reportes, está fóra de perigo.
 

A Garda Civil trata de esclarecer os motivos da caída e, nestes momentos, a investigación está a ser tratada como un posible caso de violencia de xénero. No marco destas actuacións realizouse a detención dun home, parella da afectada. 

 

 

As informacións sinalan que a muller hospitalizada ten 40 anos, é de orixe mexicana e é veciña do municipio. Mentres, a súa parella sentimental sería un home de 26 anos, de orixe peruana e residente na mesma vivindo onde tivo lugar o presunto crime.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE