A incerteza de Alcoa na Mariña: a espada do mercado sobre a comarca e as súas xentes

Alcoa arrincaba as súas cubas de electrolisis este pasado catorce de febreiro. Facíao despois dos acordos asinados cos traballadores e tras varios anuncios de dificultades económicas que farían inviable a posta en marcha da factoría de aluminio. Por outra banda, o prezo da enerxía é outro obstáculo que Alcoa presenta á hora de garantir o futuro da fábrica instalada entre os concellos de Cervo e Xove.


|

Archivo - La fábrica de Alcoa, a 24 de enero de 2024, en San Cibrao, Lugo, Galicia (España). Alcoa solicitó el pasado 22 de enero a los trabajadores de la fábrica de San Cibrao y al comité de emp
Arquivo - A fábrica de Alcoa, a 24 de xaneiro de 2024, en San Cibrao, Lugo, Galicia (España). Alcoa solicitou o pasado 22 de xaneiro aos traballadores da fábrica de San Cibrao e ao comité de emp

 

As cubas de electrolisis en Alcoa reviviron en parte o pasado 14 de febreiro. En total serán 32 destes enxeños os que se porán en marcha de forma paulatina até o 1 de abril deste ano. A partir de aí completar o ciclo até o pleno rendemento das series electrolíticas en 2025. En total, até o momento producíronse máis de 5.000 quilos de aluminio primario trasladados á sección de fundición, onde se transforman en pezas de diferente tamaño, peso e aliaxe segundo o pedido do cliente. A cuestión é saber se se darán a futuro as condicións idóneas para que Alcoa queira manter aberta esta factoría ou, como manifestou nalgunha ocasión, buscará trasladar a Brasil e a outros lugares a produción de aluminio aproveitando tanto a proximidade das minas de bauxita (materia prima) e as vantaxes que di non ter en Europa. 

 

BOAS NOTICIAS, ATÉ CANDO?

Os alcaldes de Cervo e Xove, termos sobre os que se asinta a factoría, non ocultan a súa alegría ante o aceso da maquinaria para crear aluminio primario. Despois de dous anos sen produción, resúltalles alentadora a noticia unha noticia que ás veces estivo no aire aumentando a incerteza tanto de traballadores en particular como de veciños e veciñas en xeral. Con todo, a multinacional norteamericana con sede en Pittsburgh avisou en varias ocasións que os fondos para manter a factoría esgótense durante este ano 2024. Por tanto, se isto sucede, o peche sería case inminente aseguran desde a compañía. 
 

En tal caso, Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove, espera “que a evolución dentro do mercado do aluminio vaia a mellor e tamén desexamos uns prezos baratos para a enerxía”. Isto último en alusión ás constantes queixas de Alcoa sobre o prezo da enerxía eléctrica en España, sobre todo tendo en conta que a industria do alúminio é unha das consideradas “electrointensivas”. De aí que boa parte da electricidade consumida pola planta aluminera procedese até non fai moito das térmicas galegas algo que se viu freado debido ao proceso de descarbonización efectuado na UE. 
 

“Non desexamos que Alcoa continúe argüindo perdas para pechar, sabemos que solicitou un PERTE de 30 millóns de euros para facer fronte ao proceso de descarbonización” lembra Salgueiro. E ademais, tamén anunciou a creación de diferentes infraestruturas internas que de momento sofren algúns atrasos debido aos custos de construción. 
 

“Hai tres meses Alcoa falaba de perdas no mercado e de paso pedía prórrogas no arranque de electrolisis” sinala Dores García Caramés, alcaldesa de Cervo. Nese sentido, García Caramés pide que as partes implicadas, Xunta, Goberno e Alcoa, falen claro en canto á viabilidade da produción na factoría coñecida comunmente como San Cibrao. 


 

ENERXÍA

Se a descarbonización implicaba peche de plantas térmicas, cal sería o substituto destas xeradoras de electricidade? A aposta máis decidida foi a enerxía eólica. A construción de diferentes parques eólicos pola xeografía do norte de Galicia e a instalación de parques eólicos mariños pretendía ser o substituto ideal para alimentar a fábrica de San Cibrao. 

 

Con todo, diferentes iniciativas levadas adiante por colectivos ambientalistas así como de protección do monte en man común, fixeron que os tribunais paralicen de momento varios proxectos eólicos destinados a alimentar á electrointensiva do aluminio. Por outra banda, tamén no mar os aeroxeradores suscitaron polémicas ante as posibles repercusións, primeiro na pesca e despois no medio ambiente.
 

Aínda así, o 15 de febreiro do 2024 o comité de empresa de Alcoa anunciaba que a Xunta de Galicia estaba a piques de concluír a tramitación de dous novos parques eólicos mariños. Estes uniríanse ao dez inicialmente aprobados polo executivo autonómico e co obxectivo de dar maior capacidade eléctrica á fábrica. Por outra banda, cinco parques de Endesa están a esperar a aprobación de Endesa e da poxa polos nós de interconexión dos parques eólicos de Greenalia.

 

A día de hoxe por tanto, os ánimos aínda non están tranquilos ante a situación volátil nos mercados do aluminio e do prezo da enerxía, dous factores moi decisivos para que Alcoa queira continuar coa súa factoría (a única que posúe actualmente en España) de aluminio primario. En total, tres mil postos de traballo, entre directos e indirectos, dependen do que decidan os propietarios de Alcoa durante o próximo ano. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE