A Xunta comezou este luns a activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas ás presas do Plan de Emerxencia. Este luns activáronse nove das 32 previstas e o martes continuarase coas restantes e tamén coas sirenas adscritas ao depósito de lodos vermellos no concello lucense de Xove.
O futuro a medio prazo de Alcoa San Cibrao segue no aire. O pacto de hoxe evita os despedimentos durante dous anos á espera de poder rearrancar as cubas entón se hai prezos da luz máis baratos. Obxectivo máis factible tras o "preacordo" da factoría cunha empresa de enerxía eólica.
A nivel de medidas concretas, o máis relevante é a promesa de garderías gratuítas para o primeiro fillo, a promesa dunha gran fábrica de fibras téxtiles para a provincia de Lugo e a confirmación do fin de estado de emerxencia sanitaria.
Dos dous parques eólicos flotantes que Iberdola planea en Galicia, un estará fronte ás costas do municipio de Arteixo. Así se desprende da actualización da solicitude oficial de Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do Parque Eólico Mariño de San Brandán á que tivo acceso Galiciapress.