As sireas de emerxencia de ducias de presas e da balsa de lodos de Alcoa en Cervo soan estes días

A Xunta comezou este luns a activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas ás presas do Plan de Emerxencia. Este luns activáronse nove das 32 previstas e o martes continuarase coas restantes e tamén coas sirenas adscritas ao depósito de lodos vermellos no concello lucense de Xove.


|

 

 

Os simulacros forman parte dos plans de emerxencia que debe aprobar a Xunta ante posibles emerxencias.
 

A Xunta comezou este luns a activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas ás presas do Plan de Emerxencia. Este luns activáronse nove das 32 previstas e o martes continuarase coas restantes e tamén coas sirenas adscritas ao depósito de lodos vermellos procedentes de Alcoa no concello lucense de Xove.

 

 

Balsa de lodos de Alcoa en San Cibrao
Balsa de lodos de Alcoa en San Cibrao



Con esta revisión, a administración autonómica pretende garantir a operatividade dos sistemas e que a poboación das zonas afectadas recoñezan o son da sirena de aviso de evacuación.

Nun comunicado, a Xunta explicou que en Galicia hai actualmente 45 plans de emerxencia de presas aprobados que teñen como obxectivo ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían asolagadas en caso de rotura e ter previstos os sistemas de aviso, tanto á poboación como aos organismos xestores de emerxencias.

Así, buscan estar "o mellor preparados posible para situacións que comporten riscos nestas instalacións e, desta maneira, garantir a seguridade dos cidadáns da contorna".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE