A comunidade caboverdiana de Burela, de invisibles a ocupar espazos

Durante moito tempo a comunidade caboverdiana en Burela foi case motivo de anecdotario, eran os “morenos”, persoas cuxas vidas pasaban desapercibidas a pesar de formar parte da poboación local de maneira efectiva pero non totalmente legal até chegados os 90


|

 

Galicia estrecha relaciones con Cabo Verde.
Reunión Cabo Verde-Galicia


A maioría de cidadáns procedentes de Cabo Verde e residentes en España a partir de 1975 chegaron vía Portugal. Boa parte desta comunidade arribou á comarca do Bierzo, en León, para traballar nas minas mentres que outra comunidade se instalaba en Andorra, Teruel, onde se instalaba unha central térmica. Ao iniciar as obras da factoría de Alcoa (naquel entón Alúmina-Aluminio, do grupo público Inespal), moitos destes emigrantes, algúns instalados coas súas familias, movéronse aos municipios de Cervo e Xove para traballar en empresas auxiliares durante a construción da empresa. A medida que os traballos de construción ían acabando moitos traballadores das auxiliares acabaron como persoal da empresa principal pero non así os obreiros caboverdianos. Non hai constancia que quedase algún como empregado directo da fábrica agora chamada Alcoa. A alternativa era de novo emigrar en busca de novos postos de traballo, algúns o fixeron pero outros quedaron en Burela para traballar na mar, pois moitos deles traballaran na pesca no seu país.


 

INVISIBLES

A apertura de Alcoa supuxo un abandono da actividade pesqueira por parte de mariñeiros galegos, que atoparon unha excelente saída laboral fronte ao perigoso traballo na mar. Algúns deses postos foron cubertos por caboverdianos que estiveran nas obras de Alcoa. Foi así como, por efecto chamada, a comunidade ligada á pesca foi aumentando aos poucos.
 

O momento era algo complexo, mesmo administrativamente. Burela até 1994 formaba parte do Concello de Cervo, ata que ao final se segregó circunscribindo o novo municipio exclusivamente á parroquia de Burela. Con anterioridade, el porto e a localidade experimentaran un crecemento que converteu á localidade nunha vila aluvión. Se instalaran moitas familias dos concellos veciños, chegaron xentes de Asturias e Castela e León para traballar en Alcoa e co paso do tempo, despois da segregación, apareceron comunidades latinoamericanas e do sueste asiático, estas dúas últimas para enrolar en barcos de pesca, sobre todo.
 

Con todo, antes do descrito, os caboverdianos existían fisicamente pero vivían nunha especie de limbo legal. “Até case os anos noventa os fillos de estranxeiros en España tiñan a nacionalidade dos pais, despois iso cambiou e xa polo feito de nacer aquí xa eras cidadán” di Félix Martíns, traballador na lonxa de Burela e concelleira polo PP. Félix xogou como futbolista en diversas categorías pero cando podía formar parte da selección galega non puido, pois só se admitían nacionais. “Até os dezaoito anos a miña nacionalidade era a caboverdiana”.

 

Foi a partir do noventa cando se legaliza a situación dos xa nacidos en España, pero antes a situación era diferente. Mesmo se obviaba a necesidade de empadroalos, de recoñecerlles o seu dereito como traballadores e como cidadáns. Así, a partir do traballo da antropóloga Luzía Oca, quen participaba no programa BogAvante para o empoderamiento das mulleres caboverdianas, foi cando se empezaron a empadroar estes inmigrantes, a realizar os trámites administrativos para recoñecerlles a nacionalidade e outros aspectos que non se trataron. Até ese momento eran os “morenos”, un termo entre despectivo e coloquial, persoas que estaban aí pero sen “estar”.


 

CAMBIOS?

Sobre situacións de racismo e tensións respecto diso, Félix Martíns fala da súa experiencia persoal. “Cando xogaba ao fútbol si ouvía “negro” ou “vaiche para o teu país”, con todo creo que era máis por molestarme mentres estaba no terreo de xogo que por racismo”. Anos despois atopouse con persoas coas que xogara e lembraban aqueles momentos. “Agora véxoos e rímonos, mesmo adestrei a fillos dalgúns de eles”.
 

En tal caso, durante moito tempo esta comunidade non tivo unha escolarización plena, só estudos primarios. O futuro que lles esperaba era o traballo no mar para eles e ser amas de casa a elas, ou si seica, traballar tamén pero moitas veces en condicións precarias. 
 

A día de hoxe, Proxecto Neo, unha iniciativa nada no IES Perdouro de Burela, pretende canalizar o potencial destes alumnos, ademais dos seus compañeiros galegos e inmigrantes doutros lugares. Trátase de irlles abrindo o camiño aos poucos, realizando actividades que lles axuden a integrar e poder acabar os seus estudos. O proxecto, ideado por Bernardo Penabade e outros profesores do centro, quere abrir as vías académicas a esta comunidade como oportunidade para atopar traballo.
 

Ineida Moreno vive en Burela desde 2007. Chegou cun contrato despois do seu irmán, xa residente na vila, preguntáselle se quería buscar oportunidades fóra. “Empecei a traballar e a participar no grupo Batuko Tabanka ademais de ser voluntaria na catequese”. No entanto, Ineida tomou a decisión de “matricularme no instituto e facer unha FP de auxiliar de enfermaría”. Con todo, as ofertas de traballo son a quendas cousa que non lle permite conciliar. “Por iso matriculeime de novo en FP para estudar un ciclo de farmacia”.

 

A comunidade procedente de Cabo Verde supón o 6% da poboación de Burela. Seguen chegando máis inmigrantes, entre as xeracións nadas xa no pobo as expectativas cambian e son varios os e as que se decidiron a estudar na universidade ou en ciclos superiores. De todos os xeitos, aínda a día de hoxe a plena integración ou fusión coa poboación local aínda ten pasos que dar. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE