Uns 20 pesqueiros galegos e vascos con tripulantes con trazas de coronavirus. Por agora ai 3 casos confirmados.
O Goberno excluíu a caza e a pesca deportiva da fase 1 da desescala, que permite a práctica non profesional de deportes individuais que non requiran contacto con terceiros. Esta decisión anula a orde da Xunta que, desde mediados desta semana e en virtude da interpretación da norma que desde o 2 de maio permite actividades físicas ao aire libre, autorizou a práctica da pesca fluvial e marítima con fins recreativos.
O pacto deste xoves entre o Reino Unido e a Unión Europea pode traer serias consecuencias para a industria pesqueira galega. Boris Johnson conseguiu unha das súas metas: a declaración política deixa claro, por vez primeira, que o Reino Unido é "estado costeiro independente". Segue sen estar claro se os buques galegos e doutras orixes deberán abandonar augas británicas o próximo 31 de outubro, como en todo caso pasará se ao final o Parlamento Británico ou o Europeo non ratifican o pacto.