O BNG reclama á Consellería do Mar dar explicacións ante a "crise produtiva" das rías galegas

"Que aproveite a súa intervención para dar explicacións sobre as cuestións que son da súa responsabilidade directa", reclamou a deputada Rosana Pérez


|

Archivo - Rosana Pérez Ao Conselleiro Do Mar: "Non Basta Con Mudar Caras, Hai Que Mudar Actitudes"
Arquivo - Rosana Pérez 

 

 

O BNG reclamou á conselleira do Mar, Marta Villaverde, que "aproveite" a súa comparecencia no próximo pleno do Parlamento de Galicia para dar explicacións ante a "crise produtiva" das rías e a xestión do sector galego.

O BNG avanzou que a titular de Mar comparecerá no próximo pleno para avalías as políticas pesqueiras europeas, polo que a deputada do BNG Rosana Pérez advertiu de que Marta Villaverde "é conselleira en Galicia, non comisaria europea".

"Que aproveite a súa intervención para dar explicacións sobre as cuestións que son da súa responsabilidade directa", reclamou Rosana Pérez.

A continuación, esixiu coñecer os plans do Executivo galego para "recuperar o desastre produtivo" das rías galegas, e en particular que explique que vai facer cos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa, "máis aló de pechalos".

A parlamentaria do BNG pediu "claridade" sobre as axudas "pendentes" aos mariñeiros afectodos polo paro biolóxico do polbo e sobre se a Xunta ten previsto destinar "recursos reais" nos orzamentos de 2026 para o saneamento integral das rías, que "seguen recibindo verteduras".

Ademais, o sector pesqueiro, continuou Pérez, está á espera de saber se a conselleira "comparte a posición" do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en favor de instalar parques eólicos mariños. "Un proxecto que podería impedir a actividade pesqueira de moitos barcos galego", afirmou Rosana Pérez.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE