Máis dunha decena de reunións sen acordo no metal de Pontevedra, onde xa se atisban protestas
A súa oferta inclúe adiantar a redución de 8 horas na xornada anual ao ano 2027, en lugar do 2028, "sen alterar absolutamente ningunha das outras propostas debatidas xa en reunións previas". "A parte empresarial considera que, coas propostas actuais, mellóranse moi notablemente as condicións dos traballadores e traballadoras e que se pode estar a perder unha oportunidade única para a firma dun acordo que beneficiaría a todo o sector", declaran.
Unha reunión máis, a undécima para ser precisos, a negociación por un novo convenio no metal da provincia de Pontevedra pechouse sen acordo entre as partes. A mesa negociadora levantouse cunha distancia aínda evidente entre a patronal e a representación dos traballadores, que xa meditan reiniciar as protestas, coa CIG abanderando a folga.
MÁIS PRETO DA FOLGA?
O sindicato galego anunciou a súa intención de convocar os paros para o día 7 de maio, proposta que agora están a meditar no seo de CC.OO. e UXT ante a falta de avances cos empresarios.
Estas diferenzas pódense ver nas distintas propostas polo salario nas cateogrías de oficial de 1ª e de 2ª, pero tamén na aplicación de complementos ou a implementación de xornada intensiva. Estas distancias, nun contexto onde os empresarios propoñen "un incremento salarial do 14,5% en lugar do 13% proposto anteriormente para 4 anos de convenio", poderían pór en marcha un calendario de mobilizacións conxuntas.
As asociacións ATRA, Asime e Instaelectra manteñen a esperanza de chegar a un preacordo nos dez días que quedan antes da folga. A súa oferta inclúe adiantar a redución de 8 horas na xornada anual ao ano 2027, en lugar do 2028, "sen alterar absolutamente ningunha das outras propostas debatidas xa en reunións previas".
"A parte empresarial considera que, coas propostas actuais, mellóranse moi notablemente as condicións dos traballadores e traballadoras e que se pode estar a perder unha oportunidade única para a firma dun acordo que beneficiaría a todo o sector", declaran. Este xoves 30 de abril están chamados a retomar o diálogo a partir das 12 horas.
Escribe o teu comentario