O percebe está a desaparecer, alertan os mariscadores

A recollida do percebe foi caendo nos últimos tres lustros. Os percebeiros apuntan motivos como o furtivismo, a falta de control nas verteduras ao mar (sobre todo por fallos en sistemas de depuración). Isto último estaría a contaminar as pedras e afectado ao agarre do crustáceo nas pedras, incluso os propios profesionais aluden ao cambio climático pero, en definitiva, non existe unha resposta en firme que poida esclarecer o por que da caída en capturas


|

 

Archivo - Percebeiros recogen la cría del percebe en la costa de Pontevedra, a 14 de diciembre de 2023, en Pontevedra, Galicia (España). El precio del kilo del percebe en el mercado es de 110 euros,
Arquivo - Percebeiros recollen a cría do percebe na costa de Pontevedra, a 14 de decembro de 2023, en Pontevedra, Galicia (España)


 


 

Aos dezaseis anos Antonio Haz comezou a súa vida profesional como percebeiro. “Somos tres xeracións” di ao teléfono. A súa zona de traballo é Muxía e áreas próximas. Xavier Mariñas tamén é percebeiro desde hai vinte e dous anos e “agora non se que pasa pero o percebe non agarra na roca”. Tampouco este animal está a reproducirse na súa época, primavera, agora é “ou ben antes de tempo ou cando a primavera xa avanzou”. A sobreexplotación dos bancos de percebe non tería sentido si aténdese ao número de mariscadores que traballan hoxe en día. “Antes das regulacións nos anos 90 había máis de corenta persoas, agora somos unhas vinte e cinco” di Antonio. Ademais, este oficio tampouco é que teña unha substitución xeneracional asegurado, o mesmo que todo o sector pesqueiro. 


 

QUE ESTÁ a PASAR?

O primeiro é que a cultura pesqueira ao redor do percebe cambiou. De ir en barcos a remo percorrendo a costa, ir en pantalón curto, con chubasqueros e alpargatas, agora os barcos van con motor fueraborda e os traxes de neopreno fan máis fácil o permanecer sobre as rocas. O mesmo aplica aos furtivos, eles tamén recolleron a luva da renovación en métodos de pesca, pero non nos adiantemos. Imos por partes.


 

O percebe non se reproduce coa mesma intensidade que antes nas súas localizacións habituais, áreas rochosas batidas polo mar e escondidos en hendiduras onde tamén aniñaban especies como o ourizo de mar. Estas mesmas áreas son as que agora empezan a espir de percebe e este non volve aparecer, no seu lugar queda o que os mariscadores chaman “verdín”, unha especie de alga. 


 

Xavier Mariñas traballa na área de Coruña, incluíndo a zona da Torre de Hércules e a súa tese é que as depuradoras non fan o seu traballo. “A maior parte das augas residuais non reciben tratamento por deficiencias no sistema de depuración”. Isto contribúe a que, por exemplo, desaparezan os niños de reprodutores, por exemplo. A “colleita” por tanto, non dará froitos. 

 

Gru00e1ficos percebe[1]
Gru00e1ficos percebe[1]


 

Por outra banda, os furtivos esquilman os bancos que quedan e fano de forma que o seu traballo pode supor 30 ou 40 kg nunha noite, posiblemente os sete días á semana, sinala Antonio, poderíase falar dun furtivismo profesional. Xavier apunta que as sancións por furtivismo non frean esta acción. “Si, impónselles unha sanción pero se declaran insolventes e non pagan”. Todo o diñeiro que manexan é en negro. Houbo intentos de legalizar furtivos pero “ao non pagar cotas” xa non podían renovar as licenzas. 


 

A solución, para algúns pasaría por ofrecer traballo a estas persoas (furtivos), que tivesen ingresos fixos a fin de mes. Isto último porque, como apuntan os percebeiros consultados, nalgunhas áreas o ou a furtiva é unha persoa que está a cobrar algún tipo de axuda social (Ingreso Mínimo Vital ou a RISGA). Si é así, e ao non poder facer fronte ás sancións, a solución sería cruzar datos e retirarlles as axudas ou que esas axudas cubran a sanción. 


 

COMPENSA SER PERCEBEIRO?

“Gustaríame xubilarme dando saltos sobre as rocas” solta Antonio entre xocoso e serio. O seu caso é o dun percebeiro á boia, achégase coa súa embarcación á costa e salta sobre as rocas. Despois está o percebeiro a pié que simplemente se achega andando até o lugar de recollida. Esta non é a única diferenza porque o percebeiro a pié non necesita xustificar que sabe nadar, pode obter unha licenza tras un período de formación en calquera institución que estea habilitada para iso.


 

O percebeiro á boia ten un barco co que existen unha serie de taxas a pagar: confraría, lonxa, autorización protuaria, local para gardar aparellos e a licenza para mariscar. Cada persoa só pode recoller 7 kg de percebe. No caso de ir nunha embarcación, si son dúas persoas cada unha só pode recoller a cantidade estipulada. E é que, aínda que a tripulación sexa de dúas ou máis persoas, só poderán recoller percebe aqueles tripulantes con autorización, os demais non poden facelo. 


 

Tamén pagan a súa cota de autónomos pero un gran problema é que non hai un salario fixo. “Ademais do percebe tamén me dedico ao ourizo e á navalla” di Xavier. Con isto sinala que os ingresos son flutuantes e ás veces unha mala campaña pódese comer os poucos aforros que teñas da anterior. Desta forma, é difícil que poidan pedir créditos ou préstamos ao non haber un ingreso fixo mensual.

 

Evoluciu00f3n percebe
Evolución do percebe en catorce anos en canto a prezos


 

Sobre os prezos, en datas do Nadal o percebe pode triplicar o seu prezo pasando, o de boa calidade de 70€ o quilo a 130€. Incluso o máis pequeno pode pasar dos 20€ por quilo a sesenta ou setenta. No verán pódese vender a restaurantes próximos, incluso pedindo unha guía de transporte para poder enviar a outros lugares. 


 

Hai varios condicionantes sobre a pesca do percebe. Os profesionais, sobre todo os de á boia, que teñen diversas taxas que pagar. O furtivismo, diñeiro en negro e ingresos para persoas que non posúen licenza. Outros apuntan ao cambio climático, a subida de temperatura na auga do mar e cambios nos ciclos. En tal caso, a presión sobre este crustáceo é moi grande ante os prezos que pode adquirir.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE