Un mozo de 28 anos e unha menor de idade, graves tras sufrir un accidente de moto en Carballo
As primeira informacións apuntan a que o mozo está na UCI, en estado crítico, e que a menor está moi grave tras presentar un traumatismo cranioencefálico severo.
Un home, de 28 anos, e unha menor de idade resultaron feridos graves no municipio coruñés de Carballo tras sufrir un accidente do que se tratan de esclarecer as circunstancias.
Segundo fontes coñecedoras do suceso consultadas por Europa Press, os feitos producíronse sobre as 14.00 horas deste xoves na zona de Monte do Carme.
Pola súa banda, a central de emerxencias recibiu a alerta polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que informaron de que mobilizaban o helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Ambas as persoas foron trasladadas, nun primeiro momento, á PAC da localidade, descoñécese si por familiares ou outros particulares.
Unha vez alí e tras ser atendidos por profesionais sanitarios, foron trasladados ao CHUAC. O home presenta diversos golpes e contusións e está ingresado na UCI con prognóstico grave.
Agora, a Garda Civil, en colaboración coa Policía Local, fíxose cargo da investigación para exclarecer os feitos.
Escribe o teu comentario