Convenio da seguridade privada: CIG insiste en que a última oferta da patronal supón un retroceso

A idea é trazar a "folla de ruta" no sector, algo que pode pasar pola convocatoria de máis mobilizacións, como coas que pechou o ano en Vigo ou como as que veñen celebrando entre os vixiantes que prestan servizo en centros do SERGAS.   Para a CIG a proposta resulta "inxusta, regresiva e socialmente irresponsable" cun contido que non é garante de "unhas condicións laborais dignas".


|

Seguridad privada vigilantes
Vixiantes de seguridade

 

Despois de semanas de negociacións, e aínda que o convenio actual segue vixente até finais deste 2026 que acaba de arrincar, parece que as posturas entre a patronal e os sindicatos que compoñen a mesa de negociación por un novo marco no sector da seguridade privada están cada vez máis próximas. Os empresarios mantiveron o foco sobre cuestións como o absentismo laboral, mentres a representación dos traballadores trataba de elevar o debate cara a melloras salariais e sociais. Hoxe parece que as asperezas se limaron entre a maioría sindical, pero outros, como a CIG, seguen rexeitando o pacto.

 

 

MÁIS CERCA DO PACTO?

O sindicato galego ha feito pública a súa negativa á última proposta da patronal e anunciou a celebración dunha asemblea de delegados en Santiago de Compostela que terá lugar este xoves. A idea é trazar a "folla de ruta" no sector, algo que pode pasar pola convocatoria de máis mobilizacións, como coas que pechou o ano en Vigo ou como as que veñen celebrando entre os vixiantes que prestan servizo en centros do SERGAS. 

 

 

Para a CIG a proposta resulta "inxusta, regresiva e socialmente irresponsable" cun contido que non é garante de "unhas condicións laborais dignas". "Supoñen consolidar perda de dereitos e de salario das persoas traballadoras, xa que os incrementos propostos non compensan a perda de poder adquisitivo acumulada", censuran. 

 

Para o sindicato galego a patronal non atende ás necesidades reais do sector, como a acuaciante falta de persoal, un punto sobre o que meditou Pedro Pérez, responsable de Seguridade Privada do sindicato, neste mesmo diario. "Se hai tanta falta de persoal, se escasea a man de obra como din, con ocos en certas zonas en momentos puntuais e con vacantes durante todo o ano noutras partes, é porque non están a facer atractivo o sector", reprendía entón Pérez, ademais de reclamar un maior esforzo na subida salarial, por encima da subida diferida do 16% en catro anos que pretende a patronal. 

 

 

"Non se quere falar dun incremento substancial dos pluses de nocturnidade e festividade, nin da equiparación do de perigo", engaden desde a CIG, que suxiren unha subida do 8% anual, un aumento de pluses ao 25 % do valor da hora ordinaria, a equiparación do plus de perigo, a redución de xornada a 35 horas semanais, dous fins de semana completos de descanso ao mes, e melloras económicas nas quendas de Nadal, Fin de Ano e Ano Novo, entre outras cuestións.

 

1444603 (1)
Foto: RTVE

 

Mentres ELA mantense nunha liña similar á da CIG ao defender convenios autonómicos sobre o estatal, UXT, CC.OO. e USO, que acudiron á negociación integradas nunha mesma plataforma, parecen hoxe máis favorables ao pacto que a prolongar o diálogo. UXT publicou recentemente un texto no que recollía distintas modificacións substanciais con respecto ao seu postulado inicial.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE