Un ferido e o seu acompañante trasladados en helicóptero ao hospital tras un accidente na Merca
O 112 Galicia tivo constancia do accidente minutos despois das 11.00 horas, cando un particular alertou de que un vehículo estaba envorcado tras saír da vía e que un dos ocupantes estaba atrapado no interior.
Un home, de 82 anos, resultou ferido de gravidade tras unha saída de vía do coche que el mesmo conducía e polo que foi evacuado en helicóptero ao hospital. Con el viaxaba unha acompañante, que presenta feridas leves e tamén foi trasladada ao hospital.
Segundo informa a Garda Civil, que interveu tras o accidente xunto ao GES de Terras de Celanova e Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o sinistro produciuse no punto quilométrico 3.800 da AG-31, á altura da Merca.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente minutos despois das 11.00 horas, cando un particular alertou de que un vehículo estaba envorcado tras saír da vía e que un dos ocupantes estaba atrapado no interior.
Foi necesario empregar o material de excarceración para liberar ao condutor, que presentaba feridas graves que derivaron na amputación dun brazo. Este home, que deu negativo nos controis de alcoholemia realizados, tivo que ser evacuado en helicóptero ao hospital para recibir asistencia médica.
Tamén foi trasladada con feridas leves o seu acompañante, que puido saír do coche accidentado polo seu propio pé; neste caso, foi evacuada en ambulancia.
Escribe o teu comentario