Unha nova serie de Netflix será rodada na Galicia rural

O actor compostelán Tamar Novas compón, xunto a Inma Custa, Bárbara Lennie, Arón Piper e Roberto Enríquez, a repartición de 'A desorde que deixas'. A nova serie española de Netflix, baseada na novela homónima de Carlos Montero, guionista de Elite, é un thriller ambientado na Galicia rural que comezará a súa rodaxe o 21 de outubro.


|

O celanovés Carlos Montero, coautor de grandes éxitos  como Elite ou eL Comisario, é o coguionista de "A Desorde que deixas", na que un dos protagonistas será Tamar Novas


O actor compostelán Tamar Novas compón, xunto a Inma Cuesta, Bárbara Lennie, Arón Piper e Roberto Enríquez, a repartición de 'A desorde que deixas'. A nova serie española de Netflix, baseada na novela homónima de Carlos Montero, guionista de Elite, é un thriller ambientado na Galicia rural que comezará a súa rodaxe o 21 de outubro.


EGWp5 HXkAARECW




 NOVAS PROFESORAS
Costa e Lennie serán as protagonistas da serie, encarnando, respectivamente, a Raquel, nova profesora que acaba de chegar ao instituto, e Viruca, outra enigmática institutriz. Ambas se verán envolvidas nunha espiral de ameazas, mentiras e misterios que cambiarán as súas vidas.

Tamar Novas interpreta a Germán, o marido de Raquel, mentres que Arón Piper dá vida a Iago, un dos alumnos do instituto no que Raquel e Viruca dan clase. Finalmente, Roberto Enríquez encarnará a Mauro, o marido de Viruca.

PRODUTO DE VACA FILMS
O equipo de guionistas da serie está formado polo propio Montero, Javier holgado e Andrés Seara. Ademais de Montero, a dirección da ficción recae en Silvia Quer e Roger Gual. 'A desorde que deixas' é unha produción de Vaca Films. Esta produtora de raíces galegas está detrás dalgúns dos grandes éxitos do audiovisual español, como Celda211.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE